A rianxeira Esther Carrodeguas é unha das elixidas polo Centro Dramático Nacional para formar parte do seu programa de residencias dramáticas. O obxectivo desta colaboración continuada, que se levará a cabo entre os meses de decembro de 2020 e xuño de 2021, é a creación dun novo texto teatral.
Xunto con Esther Carrodeguas, que forma parte da compañía ButacaZero, tamén foron seleccionados os dramaturgos Jorge Aznar Canet, Cristina Rojas e Joan Yago. Unha convocatoria cun “alto grao de participación e gran calidade das candidaturas”, segundo subliñan dende o CDN.
Os catro seleccionados, reuniranse de forma periódica como grupo de traballo estable e contarán co seguimento por parte do equipo de dirección e o Consello asesor do CDN, levando a cabo un work in progress no que se presentará o traballo realizado ata ese momento. Ademais, os dramaturgos participarán de maneira activa nas diferentes actividades do CDN en paralelo ao proceso de escritura: impartirán talleres, colaborarán con outros teatros nacionais ou internacionais e participarán en foros de opinión como a revista ‘Dramática’ ou nos encontros co público das diferentes producións da unidade.
- O Festival Atlántica segue a expandir a súa programación - 16/06/2026
- Arranca Ribeirocreques, o I Festival de Monicreques do Ribeiro - 11/06/2026
- O Sete Falares inaugura hoxe unha nova edición - 07/06/2026



