in ,

La teoría de la pelvis

La teoría de la pelvis

Cal é o teu Paraíso?

ǀ Iván Fernández ǀ
ǀ Foto: Alberto Cortés e Rosa Romero ǀ

 

Disque o Paraíso é un lugar que está na terra. Iso querería dicir que o Paraíso está ao alcance dos seres humanos e non afastado de nós, alcanzábel só para aquelas persoas que superen o Xuízo Final. De feito, iso cantaba Belinda Carlisle no seu tema Heaven Is A Place On Earth, e con esta canción, o actor Alberto Cortés e a actriz Rosa Romero conseguiron poñer ao público en pé e facernos mover os nosos corpos en La teoría de la pelvis.

Non é calquera cousa, xa que o público estabamos nas nosas casas, comodamente sentadxs diante da pantalla dos nosos ordenadores, tablets ou móbiles, asistindo á presentación que se fixo no programa #TeatroConfinado de La Abadía de Madrid, no marco do 38 Festival de Otoño; unha nova experiencia de comunicación escénica.

Se xs creadorxs malagueños lograron que o público se puxese en pé para bailar ao son de Belinda Carlisle, débese ao seu empeño e solvencia dramática, capaces de comunicarse e quentar axs espectadorxs traspasando a frialdade da pantalla. Ámbolos dous, son artistas que abranguen disciplinas alén do escénico, e aquí podemos ver unha proposta que tanto podería ser exhibida nun museo como vista dende a pantalla do teu teléfono.

Por certo, a proposta é interactiva e continua, de xeito que xs creadores propóñenlle ao público a recepción -tempo despois da presentación da peza- dun contido a través de mensaxería (tanto móbil como física, conxugando, así, tecnoloxía e tradición) que axudará a entender e difundir mellor La teoría de la pelvis.

Mais, que é a teoría da pelve? A invitación ao Paraíso. É a investigación da flexibilidade da nosa propia articulación, cuxa mobilización require da mesma enerxía que podemos empregar para voar, viaxar á Lúa, cortar as unllas dos pés ou premer un botón. A enerxía, como sabemos polas leis da termodinámica, nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Xa que logo, podemos empregar esa enerxía en espertar ou quedar durmidxs, en movernos ou ficar quietxs, en explotar ou reprimirnos, en acadar o Paraíso ou quedar no chan.


Publicidade

A proposta é sinxela: o Paraíso na túa man. A túa responsabilidade é saber cal é ou que é Paraíso para ti, e entón mobilizar a enerxía suficiente para iniciar a marcha, para acadalo. Non en van, a pelve é a articulación valeira que todo o contén: o nacemento e o orgasmo, potencias infinitas que decidimos (mediatizados pola política pornográfica que escollemos votar) explotar ou non.

Pensáchelo algunha vez? Cal é o teu Paraíso?

 

La teoría de la pelvis, Alberto Cortés e Rosa Romero.

Dirección: Alberto Cortés e Rosa Romero.
Creación, coreografía, interpretación e textos: Alberto Cortés e Rosa Romero.
Produción: Alberto Cortés e Rosa Romero.

38º Festival de Otoño de Madrid. Teatro de La Abadía. 22 de novembro de 2020.

Avatar

Iván Fernández

Actor, director, dramaturgo e profesor de teatro. Graduado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, na especialidade de Dirección de Escena. O meu eido profesional abrengue o teatro en moi diversos aspectos, dende a docencia con menores e adultos ao campo terapéutico, atopando o teatro como un lugar onde mellor coñecerse a unhe mesme. Dende este aspecto, creo os obradoiros de Teatro Emocional en 2013 ou comezo a colaborar con impresións e crónicas sobre espectáculos na Erregueté, O Galiñeiro, Praza Pública ou a TVG, no programa "Zig Zag Diario".

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esther Carrodeguas, dramaturga

Esther Carrodeguas formará parte das residencias dramáticas do CDN

O charco de Ulises CDG

Primeiras imaxes de ‘O charco de Ulises’ a nova produción do CDG