Mais, que é La teoría de la pelvis? A invitación ao Paraíso. É a investigación da flexibilidade da nosa propia articulación, cuxa mobilización require da mesma enerxía que podemos empregar para voar, viaxar á Lúa, cortar as unllas dos pés ou premer un botón. A enerxía, como sabemos polas leis da termodinámica, nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Xa que logo, podemos empregar esa enerxía en espertar ou quedar durmidxs, en movernos ou ficar quietxs, en explotar ou reprimirnos, en acadar o Paraíso ou quedar no chan.
Etiqueta: Rosa Romero
Debut, por Esther Carrodeguas
En tempos de falsidade extrema agradécese [en extremo] que alguén se amose en escena tan auténtica coma Rosa Romero, quen xa dende o apelido contaxia o poderío sandador da súa presenza. O seu espectáculo [ela] é [coma o romero] un bo antídoto natural contra case todos os males que acosan o noso día a día. […]