in ,

A segunda edición do ciclo Lugo en Danza levará nove pezas á cidade

Gran Bolero
Foto de Claudia Córdova | Gran Bolero, Jesús Rubio Gama

O programa comeza o venres 26 de febreiro co Gran Bolero de Jesús Rubio Gama e continuará até outubro coas propostas de Pálido Domingo, Kirenia Martínez, Traspediante, Andrés Corchero, Rebeca Carrera, Rosa Romero, Funboa Escénica e Colectivo Glovo.

 

O ciclo Lugo en Danza (LED) comeza este venres 26 de febrero a súa segunda edición na cidade co Gran Bolero de Jesús Rubio Gama, gañadora do premio Max 2020 ao mellor espectáculo de danza, que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20.00 horas.

Publicidade

A programación estenderase até o mes de outubro cunha selección de propostas escénicas principalmente de produción galega. A área de Cultura do Concello de Lugo, organizadora do programa, manifestou na presentación querer “apostar  polo traballo dos artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas”, segundo indicou a responsable, Maite Ferreiro.

O ciclo LED continuará o 19 de marzo con Non hai que ser unha casa para ter fantasmas, de Pálido Domingo; o 30 abril con Emigrantas, de Kirenia Martínez; o 14 de maio con Bailar agora, de Cía. Traspediante; o 4 de xuño con HARA, de Andrés Corchero; os 18 e 19 de xuño con Señora, de Rebeca Carrera, e Debut, de Rosa Romero; o 24 de setembro con Technocracia, de Funboa Escénica, e o 29 outubro con Em-na, de Colectivo Glovo.

“O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio”, engadiu Maite Ferreiro. Este ano, e debido aos cambios permentes polas restriccións sanitarias, esta programación expandida anunciarase en datas próximas á cada actuación na páxina web do ciclo Lugo en Danza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

João Fiadeiro

Xornadas de danza e artes vivas: A Cultura (Plural) é un Dereito

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas Afonso Becerra

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas