Se a danza e a música son medios empregados para organizar o caos á volta e facelo habitábel, Brumario acomete a empresa acudindo a posibilidades non manidas de enfrontar ese caos, construíndo novos padróns que agroman dende o informe para a organización do caos.
Etiqueta: Auditorio Gustavo Freire
Electra
Entramos no teatro, coa esperanza de saírmos renovados, de atopármonos vivos, indemnes, tras presenciar o destino fatal dos heroes e purificármonos, daquela, do medo á vida. E xa dentro, comprendemos outra vez en que consiste o propio teatro.
Lugo presenta a programación escénica de 2021
Cunha oferta de máis de 20 propostas teatrais, Lugo une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado.
Mapa
O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.
‘Brumario’ de Javier Martín e Vertixe Sonora no MIHL Sons-XXI en Lugo
O concerto performativo abre este venres, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a oitava edición do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI. A VIII edición do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI arranca este venres 4 de decembro até o próximo día 21. Baixo o título “Conversando co Presente”, desenvolveranse diversos […]
Poeta en Nova York
Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930).
É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade.