in

Presentado o programa do Festival de Teatro Universitario de Lugo

Festival de Teatro Universitario de Lugo
Imaxe de Lugo Cultural

A compañía de teatro da USC-Lugo, dirixida por Carmen Conde, estreará A Empeadora na apertura dun certame financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural. Unha sesión de marionetas con Marga Portomeñe e un taller e un relatorio sobre a palabra e o canto, a cargo de Vicente Fuentes, completan a programación.

Catro compañías universitarias presentarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo outras tantas producións artísticas do 13 ao 21 de abril no marco dunha nova edición do Festival de Teatro Universitario, un certame financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural pola USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. O programa desta xa tradicional cita da vida cultural da cidade amurallada inclúe o obradoiro Da palabra ao canto, do canto á palabra, impartido por Vicente Fuentes, quen tamén ofrecerá o relatorio A voz polo corpo e a palabra: unha necesidad’, ademais dunha intervención das marionetas elaboradas durante o taller de creación coordinado por Marga Portomeñe.

As vicerreitoras de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, así como a concelleira e deputada provincial delegada da área de Cultura, Tareixa Ferreiro, presentaron este martes a 27 edición do Festival de Teatro Universitario de Lugo, o marco no que a compañía da Aula de Teatro da USC-Lugo, dirixida por Carmen Conde, estreará a peza de produción propia A Emperadora.

Valcárcel salientou na súa intervención a longa traxectoria e a fonda pegada deixada pola Aula de Teatro da USC ao longo de máis dun cuarto de século. “Os responsables e coordinadores da Aula de Teatro da USC en Lugo e Santiago son os piares do teatro universitario do país”, abundou a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, para logo facer un símil entre o teatro e a esencia universitaria, ao afirmar que “a actividade teatral tamén se asenta sobre tres eixes, como o son formación, investigación e transferencia”. Nesta mesma liña, a deputada provincial Tareixa Ferreiro puxo o foco na dimensión social da programación cultural nada desde a USC. O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación de Lugo para Estudantes, Cultura, Internacionalización e Servizos, Jesús Varela Zapata, tamén asistiu ao acto de presentación do festival.

Festival Lugo

Compañías e calendario de representacións

O elenco de actores afeccionados que dirixe Conde subirán o martes 13 de abril, ás 20.00 horas, o pano tralo que tamén actuarán a Aula de Teatro Universitaria de Ourense ‘Maricastaña’Teatro El Mayal da Universidade de León, e a compañía da Aula de Teatro da USC-Santiago. A compañía de teatro USC-Lugo tamén ofrecerá este mesmo día, en quenda de mañá, a partir das 12.00 horas, unha función teatral para escolares. A formación ourensá, dirixida por Fernando Dacosta, presentará ao día seguinte no Gustavo Freire a obra Imperator. O grupo leonés Teatro El Mayal presentará en Lugo o 19 de abril Sweet Jane, unha produción dirixida por Javier R. De la Varga. Ao día seguinte, a compañía compostelá que dirixe Roberto Salgueiro pechará a quenda de representacións do Festival de Teatro Universitario coa obra A casa da forza 2, 52 – 88.

As representacións teatrais comezarán todas a partir das 20.00 horas e as persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa desde este martes as entradas, a través do enderezo de correo electrónico [email protected]. Os aforos de cada función estarán determinados pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse ata as 12.00 horas do día de cada función.


Publicidade

Programación complementaria

O académico de Artes Escénicas e catedrático emérito da Real Escola Superior de Arte Dramática de MadridVicente Fuentes, impartirá do 15 ao 18 de abril o obradoiro Da palabra ao canto, do canto á palabra. As sesións deste curso desenvolveranse na Aula de Teatro e Danza do Campus de Lugo (Facultade de Veterinaria) en quenda de 9.00 a 13.00 horas e de 15.00 a 18.30 horas. O número de prazas está limitado a un máximo de 10 participantes. As persoas interesadas poden formalizar xa a súa matrícula a través do enderezo de correo electrónico [email protected]

A Emperadora |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Primavera enDanza

Presentada a programación da XIX Primavera enDanza de Carballo

Rocio Gonzalez |

Rocío González obtén o XIX Premio Maruxa Villanueva