in ,

Presentada a programación da XIX Primavera enDanza de Carballo

Primavera enDanza
Mocap, de Matías Daporta e María de Dueñas

A décimo novena edición do Primavera enDanza volve do 9 ao 23 de abril a Carballo.

Carballo volverá ser a capital da danza en Galicia durante o mes de abril coa recuperación do Primavera enDanza na súa estación habitual, trala celebración da edición anterior no mes de outono por mor da pandemia da COVID-19.

A programación da décimo novena edición do Primavera enDanza presentouse onte nunha rolda de prensa telemática na que participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o director da AGADIC, Jacobo Sutil, e membros das compañías galegas que encherán o Pazo da Cultura cos seus espectáculos.

A bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez abriu onte as intervencións do mesmo xeito que a súa compañía, Kirenia Danza, abrirá o ciclo o vindeiro venres día 9 co espectáculo Emigrantas, no que, como ela mesma explicou, “falamos dunha nova emigración, desa última diáspora de persoas de 18 a 40 anos que saíron e viven a súa experiencia central dende a muller”.

O ciclo de danza contará con Marta Alonso Tejada e a súa peza Bailar agora; coa compañía trasPediante e o seu espectáculo para público familiar Nina Ninette; coa compañía catalana Thomas Noone Dance; e co creador Matías Daporta e a estrea de Mocap, proposta xestada nas Residencias Paraíso no Pazo da Cultura de Carballo.

Jacobo Sutil, director da AGADIC, destacou “a sensibilidade especial” de Carballo coa danza. “É un exemplo que sempre poñemos, porque non hai moitos concellos que o fagan, e iso é algo que queremos cambiar”.


Publicidade

Programación XIX Primavera enDanza

cartel danza 800X |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fabián Bastos de Lapis e Papel

Fabián Bastos: “O podcast de ‘Lapis e Papel’ fai que o teatro chegue a máis público”

Festival de Teatro Universitario de Lugo

Presentado o programa do Festival de Teatro Universitario de Lugo