in

trasPediante estrea ‘Nina Ninette’ en Santiago

Nina Ninette
Imaxe de trasPediante

O novo espectáculo da compañía preséntase o domingo 7 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 18.30 h. 

Nina Ninette, a nova proposta de danza para público familiar da compañía trasPediante, preséntase o próximo domingo 7 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Este conto iniciático, inspirado na estética do Ballet Triádico que Oskar Schlemmer presentou na escola da Bauhaus en 1921, fala sobre a beleza e a rebeldía.

María Torres, da compañía Elefante Elegante), xunto a Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, de trasPediante, son as creadoras de Nina Ninette nos apartados de escrita, dirección e coreografía. Tejada e Quintas forman parte, tamén, do elenco, o cal complétase coa actriz Carlota Mosquera. A escenografía corre a cargo de Gonçalo Guerreiro de Elefante Elegante, a música orixinal é de Álex Salgueiro e o vestiario está deseñado por Diego Valeiras.

Nina Ninette cartaz

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será que ela o consegue?

trasPediante

É un proxecto artístico galego integrado por Marta Alonso TejadaPaula Quintas e Begoña Cuquejo que combina o traballo de compañía coa xestión cultural, con proxectos como o Festival Corpo(a)terra, o programa de formación Enxebre Danza ou o Adestramento Profesional en Danza Contemporánea en Santiago de Compostela.

Ficha artística e técnica

Autoría e dirección: María Torres
Coreografía: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Música orixinal: Álex Salgueiro
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Nacho Martín
Atrezzo: Marta Mallo e Juan Lens
Distribución: Manu Lago
Produción: trasPediante


Publicidade

Duración: 55 minutos
Idades recomendada: + 3 anos

Axudas á creación da AGADIC – Xacobeo 2021 – Xunta de Galicia

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Castelvines y Monteses

Comeza a XXI Mostra de Teatro Clásico en Lugo

Home

Hedwig Dances estrea ‘HOME’ en formato virtual