O mercado abriu hoxe, e ata o vindeiro 20 de abril ás 15.00 h., o prazo de presentación de propostas cara á configuración do seu programa de exhibición que, como en edicións anteriores, incluirá tanto espectáculos en formato completo como os proxectos que as compañías avanzarán nas sesións de pitching. O rexistro debe realizarse a través dos formularios en liña da web www.galiciaescenapro.gal.
Etiqueta: Teatro Principal de Santiago
Aberta a convocatoria para o Certame Coreográfico Compostela
A primeira edición do Certame Coreográfico Compostela propoñe un espazo para o encontro, o diálogo e o goce en torno á danza e ás artes do movemento. Así tamén, está pensado para congregar propostas que reflictan a diversidade do panorama da danza actual en Galicia.
Pistacatro estrea DROP, unha metáfora da vida con malabares
Pistacatro, compañía de novo circo galega, presenta DROP como un espectáculo non só de malabares senón de malabaristas, de persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar.
trasPediante estrea ‘Nina Ninette’ en Santiago
Este conto iniciático, inspirado no Ballet Triádico que Oskar Schlemmer presentou na Bauhaus en 1921, fala sobre a beleza a rebeldía. María Torres, da compañía Elefante Elegante, forma xunto a Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, de trasPediante, son as creadoras de Nina Ninette nos apartados de escrita, dirección e coreografía.
Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas
Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.
Excéntricas estrea ‘Estrela do día’ na Coruña
Estrela do día é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Con dirección de Marcos PTT Carballido, dramaturxia de Quico Cadaval, e as interpretacións de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, o novo espectáculo de Excéntricas preséntase o sábado 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.