in , ,

Aberta a convocatoria para o Certame Coreográfico Compostela

Certame Coreográfico Compostela

A primeira edición deste certame propoñe un espazo para o encontro, o diálogo e o goce en torno á danza e ás artes do movemento. Así tamén, está pensado para congregar propostas que reflictan a diversidade do panorama da danza actual en Galicia.

O vindeiro 16 de maio levarase a cabo no Teatro Principal de Santiago de Compostela a primeira edición do Certame Coreográfico Compostela promovido e realizado por Can Cun Quinqué (baixo a dirección de Isabel Sánchez Temprano e Leodan Rodríguez Casas) e coa colaboración do Concello de Santiago. Este certame pretende promover que as novas coreógrafas e coreógrafos se impliquen en propostas artísticas innovadoras, creando unha rede de comunicación e sinerxias, por unha banda; e, á vez, facilitar un espazo de experiencia e de difusión creativa de propostas coreográficas.

O Certame Coreográfico Compostela abre a súa convocatoria a pezas con integrantes maiores de 18 anos, cunha duración entre 6 e 12 minutos e cun mínimo de dous intérpretes. O prazo para presentación de propostas estará aberto ata as 10.00 h. do 9 de abril a través do formulario online que se pode atopar en www.cancunquinque.com.


Publicidade

Serán seleccionadas ata un máximo de 6 pezas para ser representadas na final aberta ao público, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio. A selección das pezas finalistas, así como a elección das pezas premiadas o día da final, será realizada por un xurado composto por tres figuras relevantes do ámbito da danza e das artes do movemento en Galicia. Serán galardonadas tres pezas con 750€, 500€ e 250€ respectivamente.

Contacto, dúbidas e consultas: [email protected]

conv cer gal final |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AGADIC CDG

A AGADIC lanza as axudas á creación 2021 e impulsa unha bolsa de dramaturxia co CDG

Elisa e Marcela

Elisa e Marcela