Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.

Escenas do cambio 2021

A sétima edición do Escenas do Cambio xa ten programación

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.

O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017

O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal […]