in

A sétima edición de Escenas do Cambio xa ten programación

Escenas do cambio 2021

O festival desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro de 2021.

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada,  da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro de 2021, apostando por un espazo cambiante, e incluirá un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, e un obradoiro poético, destacando a creación en feminino.

As creadoras e creadores que conforman a programación son: Voadora, Matarile  Teatro, Nuria Sotelo (Licenciada Sotelo),  Kirenia Martínez, Begoña Cuquejo, Clara Ferrão, María Roja, Paula Quintas, Brigitte et Roser (Toujours après Minuit), Hiroaki Umeda, Ana Matey, Miguel Moreira, ÚteroTeatro, Julio Fer, Marc Caellas, David G. Torres e Sleepwalk Collective.

Publicidade

Programa completo do festival Escenas do Cambio 2021

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Certame Microteatro da Memoria | ESAD e Deputación de Pontevedra

A ESAD de Galicia e a Deputación de Pontevedra convocan o I Certame Microteatro da Memoria

here comes your man de Teatro Tarambana

Here Comes Your Man