Escenas do cambio 2021

A sétima edición do Escenas do Cambio xa ten programación

O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.

Selección natural

Que non, que non, que non. | Camilo Franco |   O teatro dá que pensar. Especialmente o malo. Un está tentando atender a unha historia máis ridícula que absurda, forzada ata donde chegan os límites da comedia de situación e un pouco máis alá, cunha interpretación tan inmediata que non dá para mirar, e […]