Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Etiqueta: Voadora
Siglo mío, bestia mía
A montaxe de Pazos, afástase das reinterpretacións dos clásicos ás que nos ten acostumados nos últimos anos. O respecto ao texto é case escrupuloso e as atmosferas de son, auga, fume e luz crean momentos de enorme beleza que reforzan toda a simboloxía da peza.
A sétima edición do Escenas do Cambio xa ten programación
O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.
Marta Pazos: «Utilizo o teatro para entender o lugar que ocupo no mundo»
Co gallo da estrea de Siglo mío bestia mía, de Lola Blasco, que Voadora presentará a partir do vindeiro 11 de novembro no Centro Dramático Nacional de Madrid, recuperamos do noso número 99 a entrevista que lle fixemos a Marta Pazos con motivo da estrea de A amnesia de Clío, na que desvela moitas das claves […]
Voadora estreará ‘Siglo mío, bestia mía’, dirixida por Marta Pazos, no Centro Dramático Nacional
Siglo mío, bestia mía é a primeira das estreas que a compañía galega ofrecerá na tempada 2020/2021, na que leva á escena o seu terceiro Shakespeare, Othello, e na que renova completamente a súa identidade visual. | Foto: Vane Rábade | Voadora comeza a tempada escénica 2020/2021 cunha estrea de primeiro nivel. A compañía […]
Marta Pazos recibe o Premio de Honra da MIT Ribadavia
A dirección da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia salienta “o gran talento, traballo e entusiasmo” de Pazos, á que define como “unha das creadoras escénicas máis puxantes do panorama teatral contemporáneo”. | Foto: Miramemira | A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vén de anunciar na mañá desde martes, 23 de xuño, que […]
Voadora impartirá un obradoiro de creación escénica a partir de ‘Othello’ na MIT Ribadavia
O obradoiro, baixo o título “Celos. Nivel usuario avanzado” investigará as relacións amorosas e a posverdade a partir da traxedia shakesperiana. Que relación teñen a violencia de xénero e a posverdade no século XXI? Como se constrúen as mentiras? Conseguirá Iago un ascenso na axencia de fake-news para a que traballa? Teñen Otelo e […]
Marta Pazos e Carlus Padrissa analizan os retos das artes escénicas ante a Covid-19
A segunda sesión dos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19 analizará este venres 22 de maio os retos das artes escénicas no contexto actual, nun encontro virtual coa participación da directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, e o director artístico de La Fura dels Baus, Carlus Padrissa. | Foto: Santiago […]
Voadora estrea unha peza de videocreación para o CDN
Durante os días 7 e 8 de maio, a compañía Voadora abordou a filmación –cos protocolos de seguridade establecidos polo goberno– do traballo de videodanza, Soy una humana, dirixida por Xosé Díaz, protagonizada por Carmen Triñanes e na que Marta Pazos, a directora da compañía, pon voz a un tema musical composto polo propio Díaz. […]
‘Je suis narcissiste’, a ópera dirixida por Marta Pazos, finalista en tres categorías dos Premios Max
Organizados pola Fundación SGAE, os Premios Max das Artes Escénicas deron a coñecer os finalistas da súa XXIII edición. A reunión do xuri tivo lugar o 30 de abril vía telemática. Dos 386 espectáculos inscritos nesta edición, 159 resultaron candidatos, dos cales 35 chegaron á última fase, congregando a 60 finalistas. Dos catro espectáculos […]
A ópera ‘A amnesia de Clío’, de Voadora, estrease na televisión o sábado 16 de maio
Composta por Fernando Buide e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, con Paul Daniel na dirección musical, a estrea absoluta da A amnesia de Clío tivo lugar no Auditorio de Galicia en novembro de 2019. A primeira ópera galega de gran formato do século XXI poderase ver este mes de maio na televisión. A amnesia […]
Voadora prepara unha adaptación do ‘Othello’ de Shakespeare para 2021
Voadora estreará en 2021 a adaptación transgresora do Othello de Shakespeare baixo a dirección de Marta Pazos. A compañía galega prepara nesta primavera o seu terceiro espectáculo baseado na obra de William Shakespeare, despois de O soño dunha noite de verán e A tempestade. A obra, producida pola propia compañía, dará especial relevancia aos […]
Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares
O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz. | Foto: LaDiapo | A actriz, directora e cómica Cristina Moreira será a encargada de dirixir a Gala dos XXIV Premios de Teatro María […]
Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares
O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo. Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]
Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns Un total de 30 espectáculos e máis […]