A directora Marta Pazos estrea hoxe novo espectáculo teatral. A creadora escénica galega regresa esta tempada ao Centro Dramático Nacional para dirixir Comedia sin título, de Federico García Lorca, un drama social inconcluso do que o poeta unicamente deixou escrito o seu primeiro acto, xa que foi asasinado o 18 de agosto de 1936.
O espectáculo, que conta cun elenco de 14 intérpretes, é unha aposta visual, poética e rupturista na que Pazos aborda a eclosión do artístico e rompe a cuarta parede para remover os alicerces dun teatro que, daquela, Lorca xa consideraba caduco. A proposta, cuxa versión e dramaturxia asinan a propia Pazos e José Manuel Mora, estará en cartel no Teatro María Guerrero ata o 26 de decembro.
- Arranca Ribeirocreques, o I Festival de Monicreques do Ribeiro - 11/06/2026
- O Sete Falares inaugura hoxe unha nova edición - 07/06/2026
- Vimianzo acolle a inauguración de Escora Danza - 06/06/2026



