A Asociación de Directores de Escena (ADE) comunicou aos finalistas a súa inclusión na listaxe de nomeados aos Premios ADE 2021. Asorey e Pazos na categoría de mellor dirección e Iturralde na de iluminación.
Etiqueta: Marta Pazos
O CDG presenta o programa de creación ‘Residencias cruzadas’
Nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións derivadas da pandemia COVID-19, o Centro Dramático Galego pón á disposición das compaías e creadoras/es galegas/os, un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Marta Pazos dirixe ‘Viaje a la luna’
A peza estréase no Teatro Lliure o 3 de febreiro e está baseada no guión cinematográfico homónimo de Lorca. Trátase dunha montaxe sen palabras cargada de simbolismo e erotismo que se presenta como “unha road movie entre o sono e a vixilia; unha festa dos sentidos”.
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Siglo mío, bestia mía
A montaxe de Pazos, afástase das reinterpretacións dos clásicos ás que nos ten acostumados nos últimos anos. O respecto ao texto é case escrupuloso e as atmosferas de son, auga, fume e luz crean momentos de enorme beleza que reforzan toda a simboloxía da peza.
Marta Pazos: «Utilizo o teatro para entender o lugar que ocupo no mundo»
Co gallo da estrea de Siglo mío bestia mía, de Lola Blasco, que Voadora presentará a partir do vindeiro 11 de novembro no Centro Dramático Nacional de Madrid, recuperamos do noso número 99 a entrevista que lle fixemos a Marta Pazos con motivo da estrea de A amnesia de Clío, na que desvela moitas das claves […]
Voadora estreará ‘Siglo mío, bestia mía’, dirixida por Marta Pazos, no Centro Dramático Nacional
Siglo mío, bestia mía é a primeira das estreas que a compañía galega ofrecerá na tempada 2020/2021, na que leva á escena o seu terceiro Shakespeare, Othello, e na que renova completamente a súa identidade visual. | Foto: Vane Rábade | Voadora comeza a tempada escénica 2020/2021 cunha estrea de primeiro nivel. A compañía […]
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
Comeza a 36ª edición da MIT Ribadavia
Este 2020, baixo o lema ‘A ceo aberto: liberdade, creatividade e diversidade’, a MIT, que se estenderá até o día 27 de xullo, ofreceralle ao público un total de 24 espectáculos e actividades paralelas como presentacións de libros e obradoiros ao aire libre en máis dunha decena de espazos con encanto da vila, como o […]
Marta Pazos participa nos encontros virtuais ‘Paris ne finit jamais’
Jean Luc Nancy –que abre o festival cunha reflexión sobre a idea da literatura no pensamento contemporáneo–, Gioconda Belli, Juan Villoro, Isabel Coixet, David Trueba, Raúl Zurita, Bernardo Atxaga, Brigitte Vasallo ou Oliver Laxe son outros dos participantes no festival. Marta Pazos participará no Festival Paris ne finit jamais, un encontro virtual e multiplataforma […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
Marta Pazos e Carlus Padrissa analizan os retos das artes escénicas ante a Covid-19
A segunda sesión dos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19 analizará este venres 22 de maio os retos das artes escénicas no contexto actual, nun encontro virtual coa participación da directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, e o director artístico de La Fura dels Baus, Carlus Padrissa. | Foto: Santiago […]
Voadora estrea unha peza de videocreación para o CDN
Durante os días 7 e 8 de maio, a compañía Voadora abordou a filmación –cos protocolos de seguridade establecidos polo goberno– do traballo de videodanza, Soy una humana, dirixida por Xosé Díaz, protagonizada por Carmen Triñanes e na que Marta Pazos, a directora da compañía, pon voz a un tema musical composto polo propio Díaz. […]
‘Je suis narcissiste’, a ópera dirixida por Marta Pazos, finalista en tres categorías dos Premios Max
Organizados pola Fundación SGAE, os Premios Max das Artes Escénicas deron a coñecer os finalistas da súa XXIII edición. A reunión do xuri tivo lugar o 30 de abril vía telemática. Dos 386 espectáculos inscritos nesta edición, 159 resultaron candidatos, dos cales 35 chegaron á última fase, congregando a 60 finalistas. Dos catro espectáculos […]
A ópera ‘A amnesia de Clío’, de Voadora, estrease na televisión o sábado 16 de maio
Composta por Fernando Buide e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, con Paul Daniel na dirección musical, a estrea absoluta da A amnesia de Clío tivo lugar no Auditorio de Galicia en novembro de 2019. A primeira ópera galega de gran formato do século XXI poderase ver este mes de maio na televisión. A amnesia […]
No confín de… Marta Pazos
Directora e escenógrafa. Marta Pazos é fundadora da compañía compostelá Voadora xunto a Hugo Torres e Jose Díaz. O pasado ano estrearon o espectáculo-rave Hemos Venido a Darlo Todo (tres nominacións aos Premios María Casares 2020: mellor vestiario, maquillaxe e música orixinal) e a ópera A amnesia de Clío, con composición de Fernando Buide e […]
Marta Pazos, Quico Cadaval, Matarile e Patricia Vázquez, entre os candidatos aos Premios Max
Je suis narcissiste, a ópera dirixida por Marta Pazos, obtén cinco candidaturas, mentres que Los limones, la nieve y todo lo demás, de Matarile, Medida x medida, de PT Excéntricas, e A compañeira de piso, de Contraproducións, fanse con dúas candidaturas cada unha. O Comité Organizador dos Premios Max de las Artes Escénicas deu […]
‘Je suis narcissiste’, a primeira ópera dirixida por Marta Pazos, nomeada nos International Opera Awards
Os International Opera Awards fixeron públicos, na tarde de onte, os finalistas da súa edición de 2020, na que Je suis narcissiste, a ópera de Raquel García Tomás que se estreou con dirección escénica de Marta Pazos, conseguiu estar nomeada na categoría de Mellor Estrea Absoluta. Os International Opera Awards creáronse en 2012 pola revista […]
Marta Pazos estará mañá no ciclo PULSO de encontros con autores organizado pola SGAE
A Fundación SGAE convoca a segunda edición de PULSO, un ciclo de encontros que trata de achegar a realidade dos procesos creativos ao público. Autoras e autores ben significados nos distintos ámbitos da cultura falarán distendidamente da súa experiencia, do seu traballo e, en definitiva, da súa vida. A transversalidade será o fío condutor de […]
A amnesia de Clío
A persistencia da mirada | Manuel Xestoso | Quizais a clave resida en desvelar a mentira da mirada, o engano de pensar que o que vemos se corresponde exactamente coa realidade. Na trama de A amnesia de Clío hai unha alegoría oculta sobre o destino da obra de arte, sobre o Poder e a […]
Marta Pazos dirixe a primeira ópera galega de gran formato do século XXI
A Real Filharmonía de Galicia vai estrear a ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde, a primeira grande ópera do século XXI en Galicia. Será o 10 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago, ás 20:30. Representarase de novo o día 12 no Teatro Colón […]
Voadora leva ao Centro Dramático Nacional ‘Siglo mío, bestia mía’
A compañía Voadora presentará en coprodución co Centro Dramático Nacional o espectáculo Siglo mío, bestia mía do 22 de abril ao 31 de maio de 2020. Así se anunciou dentro da presentación da temporada 2019-2020 do CDN que inclúe 40 producións estatais e internacionais, xornadas e lecturas dramatizadas. Baixo a dirección de Marta Pazos, Voadora […]
O Centro Dramático Galego ofrece cinco obradoiros sobre distintas disciplinas
O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral. […]
‘Je suis narcissiste’, a ópera dirixida por Marta Pazos, chega ao Teatre Lliure
A ópera Je suis narcissiste, a obra coa que Marta Pazos debuta no xénero, coproducida polo Teatro Español, o Real e o Lliure, chega ao Teatre Lliure de Barcelona do 12 ao 14 de abril. A ópera, con música de Raquel García Tomás e libreto de Helena Tornero, recupera a tradición da ópera bufa e está […]
Marta Pazos debuta na ópera con ‘Je suis narcissiste’
Marta Pazos dirixirá para o Teatro Real de Madrid a ópera Je suis narcissiste de Raquel García Tomás, con libreto de Helena Tornero, unha produción da Òpera de Butxaca i Nova Creació, en colaboración co Teatro Real, o Teatro Español de Madrid e o Teatro Lliure de Barcelona. A nova ópera de Raquel García Tomás e Helena Tornero, […]