in

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Fogo-fátuo’, da compañía portuguesa Tremor Teatro

f´ogo-fátuo
'Fogo-fátuo', de Tremor Teatro

A estrutura de creación artística fundada en 2020 por Patrícia Moreira, Tremor Teatro, estrea esta peza na sala viguesa esta fin de semana, con pases o venres, o sábado e o domingo ás oito da tarde.

Fogo- fátuo é un espectáculo de teatro que, en diálogo coa performance, o vídeo e a fotografía, se propón pensar no valor, a importancia e o lugar que o café ocupou na vida de portugueses, españois e brasileiros, así como a súa contribución para a creación das relacións e vínculos comunitarios. Partindo do individual para o colectivo, Fogo- fátuo procura descubrir e delinear as memorias dos meniños e meniñas envoltos no transporte ilegal de café en Portugal e España, así como entender o impacto da explotación cafeteira en Ribeirão Negro (Brasil). Corpos que se moven na vertixe da memoria, emanando o vapor que exhala do silencio da historiografía.

A peza ten unha duración de 50 minutos e está recomendada para maiores de 16 anos. O elenco está composto por Anabela Ribeiro, Brais Iriarte Alonso e Pedro Baptista, e conta coa participación especial en video de Gabriela Vansan, Karol Nurza, Marcelo Evangelisti, Nathália Fernandes e Vilsinho Juri.


Publicidade

 

cartel fogo-fátuo

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

As paisaxes de Camille

‘As paisaxes de Camille’: acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural

Comedia sin título

Marta Pazos estrea a ‘Comedia sin título’ de Lorca no CDN