O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e o director do Teatro Rosalía Castro, Paulo Rodríguez, presentaron o segundo semestre do Ciclo Principal. O edil recordou a honra que supón para esta cidade que o recinto celebre o seu 180 aniversario porque “cando te atopas cun edificio como este, pregúntaste pola cantidade de xente que pasou […]
Etiqueta: Federico García Lorca
Poeta en Nova York
Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930).
É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade.
O ‘Poeta en Nova York’, de Lorca, chega ao teatro
En marzo, o espectáculo presentarase no Salón Teatro de Compostela. Producións Paloma Lugilde estrea o vindeiro 29 de xaneiro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do […]
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña dá a coñecer o programa deste outono
O Concello presentou onte unha nova entrega do Ciclo Principal, que dará comezo o 19 de setembro coa representación da obra Adiós Arturo, de La Cubana, e pecharase o 22 de decembro coa posta en escena de Se fosen turistas levarían gafas de sol, de Limiar Teatro, dirixida por Fran Núñez. No acto participaron […]