in

Marta Pazos dirixe ‘Viaje a la luna’

Viaje a la Luna
Imaxe de Sílvia Poch

A montaxe estréase no Teatre Lliure o 3 de febreiro e está baseada no guión cinematográfico homónimo de Lorca.

A directora de escena galega Marta Pazos asumiu a dirección e a dramaturxia de Viaje a la luna, unha peza baseada no guión cinematográfico homónimo de Federico García Lorca que se estreará no Teatre Lliure o 3 de febreiro.

Viaje a la luna foi o único guión cinematográfico do autor granadino, que o escribiu durante a súa estadía en Nova Iorque, como unha réplica a Buñuel e Dalí logo da estrea de Un chien andalou. O guión, de 72 secuencias, permanecera oculto ata 1989 e chegou á gran pantalla en 1998 da man de Frederic Amat. Marta Pazos dirixe agora a partir del unha montaxe sen palabras cargada de simbolismo e erotismo que se presenta como “unha road movie entre o sono e a vixilia; unha festa dos sentidos”.

Publicidade

Esta é a primeira incursión da directora na obra de Lorca, coa que quixo experimentar dende un punto de vista plástico, “de poesía visual”, precisamente a través dun texto que non foi escrito para levar á escena, senón ao cinema, pois é “pura imaxe”.

A peza, dirixida por Marta Pazos, foi desenvolvida dentro do proxecto ITTeatre, unha iniciativa do Institut del Teatre, da Diputació de Barcelona, en coprodución co Teatre Lliure, que ten como obxectivo promover o contacto das e dos graduados en artes escénicas coas linguaxes e expresións máis innovadoras dentro do eido europeo. Cada ano unha figura recoñecida do sector asume a dirección da iniciativa que, en anteriores ocasións, asumiron Carles Santos, Jordi Oriol, Chokri ben Chikha e Roger Bernat.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

La excepción y la regla, La Extraña Compañía

La excepción y la regla

Manuela Domínguez CDG

A emotiva despedida de Manuela, a secretaria do CDG