in

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña dá a coñecer o programa deste outono

LaStradaMarioGas |
O Concello presentou onte unha nova entrega do Ciclo Principal, que dará comezo o 19 de setembro coa representación da obra Adiós Arturo, de La Cubana, e pecharase o 22 de decembro coa posta en escena de Se fosen turistas levarían gafas de sol, de Limiar Teatro, dirixida por Fran Núñez.

 

No acto participaron o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e o director do teatro Rosalía, Paulo Rodríguez, onde informaron que serán once as producións teatrais coa interpretación de actores da talla de Núria Espert, Carmen Maura, María Hervás ou Alfonso Lara. O responsable do auditorio lembrou a boa saúde do ciclo “querido e buscado polo público” e que terá na nova programación unha importante presenza de títulos galegos e variedade de xéneros que alimentarán á butaca de historias actuais pero tamén de clásicos e de creacións con tintes biográficos como a do artista Arturo Cirera en Adiós Arturo, de La Cubana, que abre o ciclo o 19 de setembro.

Donde el bosque se espesa, de Laila Ripoll e Mariano Llorente, traerá, o 27 e o 28 de setembro, o misterio dunha caixa, a que deixou a nai de Antonio e Isabel como legado. Cada obxecto abre unha fiestra, e cada fiestra abre un ramo de interrogacións, e cada resposta a esas preguntas abre unha ferida e cada ferida un esgazamento e un abraio e un desasosego.

Publicidade

Kamikaze Producciones virá o 11 e 12 de outubro con Jauría, de Jordi Casanovas e con Miguel del Arco como director para levar ás táboas o capítulo recente de A Manda, en Pamplona, unha peza construída a través das transcricións do xuízo, con fragmentos das declaraciones de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Unha ficción documental a partir dun material moi real, demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e vitimarios.

Curva España, da compañía Chévere, abordará un crime sen resolver nunha pequena comunidade da Galicia interior e dentro dun contexto social como é o nacemento do estado liberal español nos séculos XIX e XX.Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local transmitido oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín, para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda. Estará protagonizada por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira e nela, cruzaranse realidade e ficción. O 18 e 19 de outubro.

A denuncia social do machismo estará presente con Invisibles, o 26 de outubro, unha obra inspirada na novela de Montse Fajardo con sete testemuñas reais de maltrato ás que dan vida tres actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodriguez. Tres xeracións de mulleres que amosan que non hai unha idade nin un perfil “Calquera poder ser unha vítima e tamén a heroína unha vez que sae”, sinalou a directora Marián Bañobre na presentación da mesma.

Neste outono, os espectadores tamén poderán revivir o Romancero Gitano, de García Loca, a través da produción de Julio Álvarez e Interludio SL. Neste caso, será Núria Espert quen lle dará voz aos poemas do autor granadino o 1 e 2 de novembro. A actriz catalá e o director Lluís Pasqual volven á palabra de Federico García Lorca, o poeta e dramaturgo que ocupou un lugar destacado na traxectoria profesional de ambos.

Producións Teatrais Excéntricas presentará o 8 e 9 de novembro Carpe Diem, un texto de Rubem Fonseca dirixido por Quico Cadaval, que conta no elenco con María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio. O espectáculo tira de dúas linguaxes máis: a musical e a cinematográfica, multiplicando o xogo de espellos que é toda obra de arte. Podemos decir que o xogo é a cuatro, como nun ring. Loitan e enamoran a narración , a interpretación, a música e o cinema. O dispositivo non é gratuito, o cinema é o grande protagonista desta peza teatral, da mesma forma que frecuentemente, o teatro é protagonista de algún filme.

Ademais, Carmen Maura fará parella con Félix Gómez o 16 e 17 de novembro en La Golondrina, unha obra de Guillem Clua e dirixida por Josep María Mestres; unha montaxe inspirada directamente no ataque terrorista do bar Pulse de Orlando (EE.UU.) en xuño de 2016 e que se pregunta que é o que nos fai humanos

Alfonso Lara, Mar Ulldemolins e Alberto Iglesias estarán xuntos, o 22 e o 23 de novembro, nunha versión actualizada de La Strada, de Federico Fellini e Tulio Pinelli, con Mario Gas á fronte. Tres vidas nas marxes do camiño, tres personaxes enfrontadas a un destino precario e vagabundo na Italia de la Postguerra. Todo comeza cando unha muchacha inxenua e tranquila é vendida a un forzudo de circo, fanfurriñeiro e violento para que o axude no seu espectáculo ambulante.

O esperpento de Luces de Bohemia, de Valle Inclán, asomará o 13 e 14 de decembro da man de Teatro Clásico de Sevilla dirixida por Alfonso Zurro. Unha obra que rompeu as convencións escénicas anteriores e que representa mellor que ninguén a problemática do artista moderno e a súa tráxica lucidez. Unha obra que arremete contra toda unha sociedade.

O ciclo rematará o 22 de decembro cunha obra de Limiar Teatro dirixida por Fran Núñez, unha coprodución galega, portuguesa e uruguaia na que participa o Centro Dramático Galego e que afonda na memoria do exilio e da emigración: Se fosen turistas levarían gafas de sol.

Publicidade

 

Abonos

As persoas que queiran renovar os seus abonos poderán facelo do 22 de xullo ao 3 de setembro no despacho de billetes da praza de Ourense. Os que precisen cambiar de asento, de localidade ou de día (venres ou sábado) deberán notificalo o 4 de setembro e optarán unicamente ás butacas que non estean ocupadas.

Para os novos socios, habilitaranse os días 5 e 6 de setembro e a venda de entradas soltas comezará a partir do 9 de setembro. Os abonos teñen un 25% de desconto sobre o prezo da localidade e inclúe todas as funcións dobres programadas en venres e sábado. As funcións soltas son Adiós Arturo, Invisibles e Se fosen Turistas levarían gafas de sol, sobre as que se aplicará igualmente un 25% de desconto para os abonados.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CachiruloBarracaCamiño |

A Barraca Camiño a Compostela de Títeres Cachirulo inicia a súa andaina en Melide

Phia Menard©Jean LucBeaujault |

Phia Ménard: “O espectador debe vivir a través do noso corpo”