A presentación destas pezas terá lugar o mércores 11 de decembro ás 20:00 na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense), cunha intervención a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez. Tres máscaras de Ignacio Basallo e de Xaime Quessada son as pezas escollidas polo Museo Arquelóxico de Ourense como “pezas […]
Etiqueta: Valle Inclán
XXI Xornadas de homenaxe a Valle Inclán na Pobra do Caramiñal
As XXI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán iniciaranse na Pobra do Caramiñal o vindeiro mércores e xoves cunha estrea de teatro infantil a cargo de Títeres Cachirulo que, baixo a dirección de Jorge Rey, representarán Farsa italiana da namorada do rei, obra baseada en textos de Valle que será estreada no Elma. O vindeiro día […]
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña dá a coñecer o programa deste outono
O Concello presentou onte unha nova entrega do Ciclo Principal, que dará comezo o 19 de setembro coa representación da obra Adiós Arturo, de La Cubana, e pecharase o 22 de decembro coa posta en escena de Se fosen turistas levarían gafas de sol, de Limiar Teatro, dirixida por Fran Núñez. No acto participaron […]
O Arquivo Dixital Valle-Inclán, Premio de Humanidades Dixitais Hispánicas
O grupo de investigación Valle-Inclán da USC, dirixido pola profesora da Área de Literatura Española Margarita Santos Zas, vén de acadar o premio Humanidades Dixitais Hispánicas á mellor ferramenta, recurso e infraestrutura 2018 polo Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936), tal é como se recolle na resolución emitida polo xurado encargado de fallar a primeira edición dos […]
Valle Inclán entra na Rede
Froito de máis de vinte anos de traballo, o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) presentou este martes na Facultade de Filoloxía o Archivo Digital Valle-Inclán (1888-1936) , que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas. En versión trilingüe galego-español-inglés, o Arquivo pode consultarse […]
Positivas publica ‘Da avaricia, a luxuria e a morte’, de Valle
Edicións Positivas publica Da avaricia, a luxuria e a morte, a versión que Teatro do Noroeste fixo do Retablo da avaricia a luxuria e a morte de Valle Inclán, en versión de Manuel Guede. Con este conxunto de tres pezas, ao que lle faltan Sortilexio e O embruxado para completar o Retablo, Positivas prosegue o […]
Teatro do Noroeste estrea hoxe en Narón un novo Valle Inclán
En Narón, Teatro do Noroeste estrea Da avaricia, a luxuria e a morte, de Valle Inclán –traducido por Manuel Guede– dirixida por Eduardo Alonso e con Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António e Miguel Pernas. Trátase dun espectáculo con música en directo que se presentará no Pazo Da Cultura hoxe ás 20:30 e mañá ás […]
Narón anuncia a súa programación para o último cuadrimestre
Vintedous espectáculos conforman a programación do Concello de Narón para o próximo outono. Do 15 de setembro ao 22 de decembro, diferentes propostas de música e artes escénicas para todos os públicos pasarán polo Pazo da Cultura de Narón O sábado 15 de setembro, o Pazo da Cultura acollerá Cranios Privilexiados ou crítica da razón […]
O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de ‘Divinas Palabras Revolution’
A versión en galego da obra teatral de Valle-Inclán Divinas Palabras realizada por Manuel Cortés e Xron para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global é obxecto do terceiro número da colección editorial O Papel do Teatro, creada para darlle difusión aos textos das producións propias da compañía […]
‘Divinas Palabras Revolution’ no Teatro Español de Madrid
O Centro Dramático Galego celebrará hoxe o Día das Letras en Madrid, coa primeira das 11 representacións de Divinas Palabras Revolution que terán lugar no Teatro Español ata o 27 de maio. É a primeira adaptación profesional ao galego da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán, que tamén aquí será escenificada no noso idioma, […]
Divinas Palabras Revolution
Espello en alta definición | Manuel Xestoso | | Foto: Miramemira | Hai moita confusión: as mentiras disfrázanse de currículos, a verdade disfrázase de fake news e os reality disfrázanse de realidade. A realidade vén sendo o gran problema: nunca estamos seguros de onde atopala. Non sabemos distinguir a realidade da nosa percepción da […]
O CDG estrea ‘Divinas Palabras Revolution’
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago, Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous […]
Nada que perder, por Quico Cadaval
Co galo dos catro Premios María Casares obtidos por A cabeza do Dragón (Mellor Vestiario, Mellor Tradución / Adaptación, Mellor Actor Secundario, Mellor Actor Protagonista), especialmente polo premio á mellor tradución / adaptación, recuperamos este artigo de Quico Cadaval, publicado na erregueté nº 90 no que o tradutor e director da obra expón a súa visión […]
O CDG estreará ‘Divinas Palabras’ en abril
Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez. O equipo artístico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, […]
AGADIC convoca o proceso de selección de elenco para o ‘Divinas palabras’ do CDG
Agadic non fixo público oficialmente quen dirixirá o espectáculo, aínda que a web do Teatro Español de Madrid anuncia que será a compañía Chévere a encargada de adaptar a Valle. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de abrir o proceso de selección de parte do elenco de Divinas palabras, de Valle-Inclán, que o […]