in

‘Divinas Palabras Revolution’ no Teatro Español de Madrid

DPR 02

O Centro Dramático Galego celebrará hoxe o Día das Letras en Madrid, coa primeira das 11 representacións de Divinas Palabras Revolution que terán lugar no Teatro Español ata o 27 de maio. É a primeira adaptación profesional ao galego da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán, que tamén aquí será escenificada no noso idioma, con sobretítulos en castelán.

Ademais, esta versión chega ao Teatro Español 85 anos despois da estrea da obra orixinal, que tivo lugar en 1933 nese mesmo espazo baixo a dirección de Cipriano Rivas Cherif, con escenografía deseñada por Castelao e con Margarita Xirgu como Mari-Gaila.

Nesta nova aproximación á obra de Valle, este papel está interpretado por Patricia de Lorenzo, como parte do elenco do que tamén forman parte Manuel Cortés (Pedro Gailo), (Sétimo Miau), Borja Fernández (Migueliño), Mónica García (Marica do Reino), Tone Martínez (Candás), Victoria Pérez (Tatoola), Ánxela Ríos (Simoniña) e Tomé Viéitez (Laureano).

PUBLICIDADE

Na versión que asinan Manuel Cortés e Xron, con deste último, os devanditos personaxes son os concursantes dun programa de telerrealidade, durante o que teñen que convivir nunha casa-plató vixiados polas cámaras 24 horas. Deste xeito, a ‘traxicomedia de aldea’, como foi subtitulada a obra orixinal polo seu autor, convértese aquí en ‘traxicomedia de aldea global’.

 

Actividade pedagóxica con Xron

PUBLICIDADE

Con motivo da estadía do CDG en Madrid, o Teatro Español organiza unha actividade pedagóxica a modo de charla con Xron, que terá lugar o 23 de maio, ás 17,00 h. Nela, o director explicará o proceso de adaptación e montaxe desta versión “insconscientemente libre” de Divinas Palabras. A acción está dirixida a profesionais e estudantes de arte dramática e artes escénicas, así como a todas aquelas persoas interesadas na obra de Valle-Inclán, na actividade do Centro Dramático Galego ou no traballo do Grupo Chévere, ao que está vencellada parte do equipo artístico desta produción.

Tras a súa exhibición en Madrid, Divinas Palabras Revolution regresará a Galicia para continuar a súa xira o 1 de xuño no Barco de Valdeorras, 8 e 9 de xuño na Coruña, 14 de xuño en Pontevedra, 16 de xuño en Rianxo, 21 e 22 de xuño en Vigo e 29 de xuño en Cangas.

Para finalizar, o espectáculo regresará á sede do CDG no Salón Teatro de Santiago, onde ofrecerá catro últimos pases do 5 ao 8 de xullo, para lle dar resposta á boa acollida de público que tivo en Compostela durante o pasado mes de abril.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    manulago

    Manu Lago: “O fito fundamental da danza contemporánea galega é a resistencia, sen dúbida”

    FugaseInterferencias

    Aberta a recepción de traballos para o Congreso sobre Performance Art ‘Fugas e Interferencias’