Saír dos teatros á procura da memoria urbana das cidades e comunidades de proximidade. Unha experiencia que toma como punto de orixe as artes escénicas, a pegada do teatro radiofónico e o teatro comunitario para explorar as posibilidades das narrativas espaciais ou artes locativas, todas aquelas prácticas nas que o relato se constrrúe en relación a lugares polos que temos que transitar para poder acceder ás distintas partes da historia. Esta é a definición do proxecto Dramawalker que o Centro Dramático Nacional (CDN) vai desenvolver con outros teatros e compañías nacionais e internacionais, entre os que se atopan o Grupo Chévere e o Centro Dramático Galego (CDG).
Etiqueta: Xesús Ron
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
No confín de… Xesús Ron
Axitador escénico. Fai parte de Chévere desde 1988. Director e dramaturgo da imprescindíbel compañía compostelá, Ron foi o responsábel artístico das montaxes Annus Horríbilis, Río Bravo, a triloxía Citizen, Eurozone, As fillas bravas, Ultranoite no País dos Ananos, Eroski Paraíso, Divinas Palabras Revolution (en coprodución co CDG) ou, recentemente, Curva España. Codirixiu o pasado ano […]
Decepción do sector das artes escénicas ante o Plan de Reactivación da Xunta
Tristeza e decepción. O sector das artes escénicas séntese frustrado polo Plan de Reactivación presentado pola Xunta de Galicia. A cultura é unha das grandes prexudicadas pola crise provocada pola pandemia da Covid-19 e as artes escénicas, as que máis lonxe albiscan unha volta á normalidade. A promesa dun plan que lograse darlle resposta a […]
‘Eroski Paraíso’, o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo
Ademais, Manoliño Nguema, o documental que conta a historia do artista da Cidade dos Muchachos Marcelo Ndong, opta ao Premio ao Mellor Documental. Esta mañá o Teatro Colón da Coruña acolleu o anuncio dos proxectos e profesionais finalistas nos XVIII Premios Mestre Mateo, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. Eroski Paraíso, […]
‘Eroski Paraíso’, o filme, estréase en salas este venres
Logo dalgunhas preestreas no Festival de Cans, Cineuropa e Culturgal, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso chega ás salas. O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegará este venres 13 de decembro aos cines galegos. As primeiras localidades que acollerán o filme a partir desa data serán salas como as salas Numax (Santiago […]
Preestrea de ‘Eroski Paraíso’, o filme, en Cineuropa
Este domingo 24 de novembro, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso, a exitosa obra de Chévere, poderá verse en Cineuropa. A cita será ás 19:00 no Auditorio de Galicia. Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a […]
Xesús Ron: “O teatro é sempre o máis vulnerable porque segue sendo unha arte popular”
É a segunda vez que Chévere é “expulsada”: tras a vitoria electoral de Gerardo Conde Roa, o candidato do PP á alcaldía compostelá, tiveron que pechar a sala Nasa despois de case vinte e cinco anos. Antes, tiveran que sufrir ataques baseados en mentiras e manipulacións por parte duns políticos que, ironicamente –como lembran na […]
‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares
Commedia, de Contraproducións, con 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, con 7, e A leituga, de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas. Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala […]
‘Eroski Paraíso’ abre o programa do García Barbón de Vigo para o primeiro semestre de 2019
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou a súa Tempada de Teatro de xaneiro a maio no Teatro García Barbón (Afundación) de Vigo. Os abonos estarán dispoñibles do 20 de decembro ao 13 de xaneiro. | Foto. Matteo Bertolino | Abrirá a tempada Eroski Paraíso, unha produción de Chévere dirixida por Xesús Ron e interpretada […]
‘Divinas Palabras Revolution’ no Teatro Español de Madrid
O Centro Dramático Galego celebrará hoxe o Día das Letras en Madrid, coa primeira das 11 representacións de Divinas Palabras Revolution que terán lugar no Teatro Español ata o 27 de maio. É a primeira adaptación profesional ao galego da coñecida obra de Ramón María del Valle-Inclán, que tamén aquí será escenificada no noso idioma, […]
O CDG estrea ‘Divinas Palabras Revolution’
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago, Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous […]
O CDG estreará ‘Divinas Palabras’ en abril
Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez. O equipo artístico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, […]
Unha nova montaxe de Valle centra a nova temporada do CDG
#camiños de ButacaZero, Arnoia, Arnoia de Pistacatro e Anarquismos de Pablo Fidalgo súmanse á xa estreada Elisa e Marcela de A Panadaría como coproducións da temporada 2017-2018 O Centro Dramático Galego (CDG), a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, presentou hoxe as actividades que asentan a súa temporada 2017-2018, coa estrea o 12 […]
Eurozone
A banca gaña | Manuel Xestoso | Case dous anos despois da súa estrea, Eurozone segue amosando a súa pertinencia. Hoxe incluso podemos afirmar que o seu discurso se adiantou aos telexornais ao presentar realidades que na actualidade circulan polos medios de comunicación cunha desvergoña que xa non é quen de escandalizar: é o […]
Ultranoite no país dos ananos
Cara a cara coa derrota | Carla Capeáns | Xa pasaron vinte anos dende aquela primeira Ultranoite na Sala Nasa de Compostela. Unha nova forma de facer e ver teatro que remataría por conquistar definitivamente ao público galego. A fórmula é a seguinte: unha manchea de realidade social e política aderezada con sátira e […]