in

No confín de… Xesús Ron

XRon |
chevere, eroski, teatro
Axitador escénico. Fai parte de Chévere desde 1988. Director e dramaturgo da imprescindíbel compañía compostelá, Ron foi o responsábel artístico das montaxes Annus Horríbilis, Río Bravo, a triloxía Citizen, Eurozone, As fillas bravas, Ultranoite no País dos Ananos, Eroski Paraíso, Divinas Palabras Revolution (en coprodución co CDG) ou, recentemente, Curva España. Codirixiu o pasado ano xunto a Jorge Coira a versión fílmica de Eroski Paraíso. No 2014, Chévere recibe o Premio Nacional de Teatro pola súa “coherente traxectoria de creación colectiva”. | Foto: Matteo Bertolino |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Non son de ler un só libro nin de ler na cama, pero teño amoreados libros por outras mesas: O de Alejandro Pedregosa, O inimigo coñece o sistema de Marta Peirano, Non agardei por ninguén de Ramón de Valenzuela, Walkscapes de Francesco Careri ou El Cibermundo: la política de lo peor de Paul Virilio. Pero, sobre todo, leo poesía ás agachadas: Cervatos de Lucía Novas, Últimos Bruídos de Marga Tojo, Oso, mamá, si? de María Lado, O mundo dos vivos de Samuel Solleiro…

A túa banda sonora destes días.

Ademais do silencio que hai na cidade, Hip-Hop a todas horas ata que me aburro: Fluzo, Malandrómeda, NonResidentz, Dios Ke Te Crew, Ezetaerre, SonDaRúa, Zoo, Lágrimas de Sangre, La Gossa Sorda

O último filme que te impresionou.

Filme como tal, quizais o documental Casting JonBenet de Kitty Green. Ando máis impresionado con eses programas da tele dedicados a crimes: mulleres asasinas, asasinatos absurdos, asasinos en serie do século XXI, viúvas negras, asasinatos en parella, asasinatos en cámara…

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

No último vídeo electoral de Feijóo.

A peza á que che gustaría dar forma.

O próximo vídeo electoral de Feijóo.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Caña non sei… Gustaríame compartir mesa de oficina con Franz Kafka.

Se non foses teatreiro, serías…

Contable dunha multinacional e que por un erro meu non cadrasen os números e, ao buscar unha solución lóxica, os algoritmos acabasen toleando.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroPrincipalTui |

César Portela remata o anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui

Xornadas profesionais Escena Galega

O INAEM inicia o traballo co sector para elaborar protocolos de desescalada