in

‘Eroski Paraíso’, o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo

EroskiFilme |
Ademais, Manoliño Nguema, o documental que conta a historia do artista da Cidade dos Muchachos Marcelo Ndong, opta ao Premio ao Mellor Documental.

 

Esta mañá o Teatro Colón da Coruña acolleu o anuncio dos proxectos e profesionais finalistas nos XVIII Premios Mestre Mateo, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. Eroski Paraíso, a adaptación cinematográfica da obra de Chévere dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, conseguiu sete candidaturas.

Eroski Paraíso, acada estas sete candidaturas nas seguintes categorías: Mellor Longametraxe, Mellor Dirección (Jorge Coira e Xesús Ron), Mellor Fotografía (Lucía C. Pan e Fidel Vázquez), Mellor Actriz Protagonista –dúas candidaturas, Cris Iglesias e Patricia de Lorenzo–, Mellor Actor Protagonista (Miguel de Lira) e Mellor Montaxe (Lucía Iglesias e Jorge Coira).

Publicidade

Ademais, Manoliño Nguema de Filmika Galaica, dirixida por Antonio Grunfeld, opta ao Premio ao Mellor Documental. O filme relata a vida de Marcelo Ndong, o artista que viaxou a Galicia en 1968 grazas a unha bolsa de estudos que lle permitiu formarse no Circo dos Muchachos de Bemposta e que acabou creando a primeira escola de circo de Guinea Ecuatorial e converténdose no “pai do teatro de Guinea Ecuatorial”

A primeira rolda de votacións na carreira polos premios sitúa esta edición como unha das máis igualadas dos últimos anos. Nesta ocasión, unha produción de televisión é a que conta cun maior número de candidaturas: trátase da serie Hierro, que suma un total de 16, seguida de preto polas longametraxes Quen a ferro mata con 15 e O que arde con 12. As tres competirán polas estatuíñas que premian a Mellor Dirección, Guión, Fotografía, intérpretes protagonistas, Maquillaxe e Perruquería, Dirección de Arte e Dirección de Produción, Montaxe, Son e Vestiario.

As gañadoras daránse a coñecer na Gala que se celebrará o vindeiro sábado 7 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, presentada por Patricia Vázquez. A popular actriz compostelá será a anfitrioa dunha noite na que se fará un repaso ao mellor da produción audiovisual galega do último ano, recoñecendo ás mellores obras e profesionais candidatas en 25 categorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fetega2020 |

Aberto o prazo para presentar obras e espectáculos candidatos aos premios FETEGA 2020

Pilar Pereira

Goretti Sanmartín propón declarar Filla Predilecta de Compostela a Pilar Pereira