Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe.
Etiqueta: Cris Iglesias
No confín de… Cris Iglesias
Cris Iglesias converteuse, nos últimos anos, nunha intérprete habitual das táboas e pantallas galegas. Entre os seus últimos traballos no audiovisual destacan 16 de decembro, curtametraxe do director vigués Álvaro Gago, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso de Chévere, codirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, ou a serie de Netflix Valeria. Pola súa interpretación […]
‘Eroski Paraíso’, o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo
Ademais, Manoliño Nguema, o documental que conta a historia do artista da Cidade dos Muchachos Marcelo Ndong, opta ao Premio ao Mellor Documental. Esta mañá o Teatro Colón da Coruña acolleu o anuncio dos proxectos e profesionais finalistas nos XVIII Premios Mestre Mateo, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. Eroski Paraíso, […]