in

‘Manoliño Nguema’ no Play Doc de Tui

ManoliñoNguema |

Este sábado 6, ás 21:30, dentro do programa do Play Doc de Tui, exhibirase a película Manoliño Nguema. A película conta a historia de Marcelo Ndong –un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial)–, que recibe unha inesperada proposta: como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será él. A súa propia vida.

Marcelo Ndong, tamén coñecido como Manoliño Nguema, naceu en Malabo cando o país aínda era unha colonia de España. En 1968 viaxou a Galicia grazas a unha bolsa de estudos que lle permitiu formarse no Circo dos Muchachos de Bemposta. Despois de moitas xiras e actuacións por todo o mundo, volveu a Guinea co obxectivo de axudar na reconstrución dun país arrasado primeiro pola colonización e logo pola ditadura de Macías.

Marcelo Ndong acabou creando a primeira escola de circo de Guinea Ecuatorial e converténdose no “pai do teatro de Guinea Ecuatorial”. O ano pasado, a obra creada sobre a súa vida, visitou varias localidades de Galicia.

 

Ficha


Publicidade

Dirección: Antonio Grunfeld
Elenco: Marcelo Ndong, Gorsy Edu, Raimundo Bernabé “Russo”
Guión: Rocío Cadahía
Fotografía: Rodrigo Vázquez “Harry”
Montaxe: Gaspar Broullón, Álvaro Ayala
Son: Oskar López
Produción: Roi Carballido, María Becerra

 

 

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroDeTui |

O Concello de Tui presentou o libro ‘O Teatro de Tui’

InvisiblesGrande |

‘Invisibles’, de Redrum Teatro, Premio Luísa Villalta