in

O Concello de Tui presentou o libro ‘O Teatro de Tui’

TeatroDeTui |

Na mañá de onte presentouse na casa do concello de Tui o libro O Teatro de Tui sobre o Teatro Principal de Tui, que foi editado polo Concello cunha tirada de 500 exemplares, e escrito por membros da extinta Fundación Teatro Principal. No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador, Suso Vila, autor da obra.

O obxectivo do libro, que comezou a redactarse hai preto de 20 anos, era que a Fundación tivese un mecanismo de divulgación sobre a historia do teatro, as súas actividades e a importancia que tivo na vida de Tui. O libro reflicte a través de imaxes e textos a carga histórica que tivo na vila, cun escenario que acolleu todo tipo de actividades, como cine, conferencias e espectáculos circenses ademáis por suposto, de obras teatrais.

O libro recolle a vida do teatro dende a súa construción, cando foi referencia para a burguesía do século XIX de Tui, até as últimas funcións datadas no ano 1973.


Publicidade

As imaxes, a maioría do fotógrafo tudense Juan Vila, tratan de rememorar as vivencias do teatro, pero tamén pretende “ser unha ferramenta para mirar o futuro” dicía o autor, Suso Vila, con referencia a futura rehabilitación do teatro.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, agradeceu á Fundación Teatro Principal o seu labor por recoller a historia do teatro e por “manter na axenda a necesidade de recuperalo”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eroski paraiso |

A adaptación cinematográfica de ‘Eroski Paraíso’ abrirá o Festival de Cans

ManoliñoNguema |

‘Manoliño Nguema’ no Play Doc de Tui