Eroski Paraíso faise co Premio do Xurado á Mellor Longametraxe Galega e Manoliño Nguema obtén o Premio CREA á Mellor Dirección Galega e o Premio do Público á Mellor Longametraxe Galega. Eroski Paraíso, o filme de Jorge Coira que adapta a obra de Chévere, recibiu o Premio á Mellor Longametraxe Galega no Festival Primavera de Cine de […]
Etiqueta: Cinema
‘A viaxe dos Chévere’, de Alfonso Zarauza, xa pode verse na plataforma Filmin
A viaxe dos Chévere, de Alfonso Zarauza, un documental que repasa 25 anos de historia dunha das compañías de teatro máis combativas de Galicia, pode verse xa na plataforma Filmin. A través dunha mirada moi persoal e poética, o filme narra o desterro dos Chévere, que se viron obrigados a abandonar a mítica Sala […]
‘Manoliño Nguema’ gaña o Premio do Público no festival MiradasDoc
O filme Manoliño Nguema gañou esta fin de semana o premio do público na edición númeo trece do festival MiradasDoc de Canarias. A película dirixida por Antonio Grunfeld, que está tamén nomeada para o Premio Mestre mateo ao Mellor Documental, conta a historia de Marcelo Ndong –un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que […]
‘Eroski Paraíso’, o filme, estréase en salas este venres
Logo dalgunhas preestreas no Festival de Cans, Cineuropa e Culturgal, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso chega ás salas. O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegará este venres 13 de decembro aos cines galegos. As primeiras localidades que acollerán o filme a partir desa data serán salas como as salas Numax (Santiago […]
Preestrea de ‘Eroski Paraíso’, o filme, en Cineuropa
Este domingo 24 de novembro, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso, a exitosa obra de Chévere, poderá verse en Cineuropa. A cita será ás 19:00 no Auditorio de Galicia. Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a […]
O documental ‘La gran boda 2.0’ estréase hoxe no Salón Teatro de Compostela
O Salón Teatro de Compostela presenta hoxe o documental La gran boda 2.0, realizada pola asociación de teatro inclusivo La Quinta del Arte. Rodado na madrileña praza de Lavapiés, o filme é unha falsa voda entre dúas persoas con discapacidade e nel participaron máis de 70 actores con e sen diversidade funcional (afeccionados e profesionais). Pode […]
‘Manoliño Nguema’ no Play Doc de Tui
Este sábado 6, ás 21:30, dentro do programa do Play Doc de Tui, exhibirase a película Manoliño Nguema. A película conta a historia de Marcelo Ndong –un sexaxenario artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial)–, que recibe unha inesperada proposta: como en tantas outras ocasións deberá montar […]
A adaptación cinematográfica de ‘Eroski Paraíso’ abrirá o Festival de Cans
ACTUALIZADA | A proxección de Eroski Paraíso será o xoves 23, ás 20:00, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño e contará coa presenza dos directores, parte do elenco e o equipo técnico. A canción oficial do Festival correrá a cargo de Fernando Epelde, dramaturgo e músico cuxa obra será obxecto dunha retrospectiva dentro do programa deste ano. […]
Proxección de ’30 anos actuando’, o documental sobre Teatro do Noroeste, en Compostela
30 anos actuando. Que nos quiten o bailado! é unha longametraxe documental que narra a historia de Teatro do Noroeste e que se estreou coincidindo co 30º aniversario da compañía. O vindeiro mércores 23, ás 20:30, proxectarase no Teatro Principal de Compostela o documental 30 anos actuando. Que nos quiten o bailado!, sobre a traxectoria da compañía […]
Jorge Coira filma a versión cinematográfica do ‘Eroski Paraiso’ de Chévere
Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de […]
Shakespeare en directo en cinemas
Esta semana poderán verse en cinemas dúas obras baseadas en obras de William Shakespeare en retransmisións en directo. O martes 27 terá lugar a retransmisión dende o Gran Teatre del Liceu de Barcelona da ópera Roméo et Juliettte, de Charles Gounod. A historia de amor máis famosa da literatura convertida na máis fiel aproximación á traxedia orixinal […]
Teatro do Noroeste remata a conmemoración do seu 30º aniversario
O día 30 estréase un documental sobre a súa traxectoria no Teatro Colón Teatro do Noroeste rematará no Teatro Colón, os día 29 e 30 deste mes, os actos de conmemoración do seu trixésimo aniversario. O día 29, ás 12:00, inaugurase a exposición “Teatro do Noroeste, 2017: Trinta anos actuando”, que xa se puido ver […]
Cinema: A Viaxe dos Chévere
A lombos de xigantes | Roi Vidal Ponte | Cinema e teatro son un apareamento polémico. Ingmar Bergman consideraba o teatro como a súa muller e o cinema como a súa amante, e iso en que lugar nos deixa aos teatreiros? Asumimos que a paixón de Vidal Bolaño foi a sétima arte e vimos […]