in

Jorge Coira filma a versión cinematográfica do ‘Eroski Paraiso’ de Chévere

eroskiparaiso3 |

Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas O’Paraíso de Muros en 1990, xusto antes de que pechara.

O auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo) acolle agora a gravación de Eroski Paraíso: o filme, un proxecto audiovisual dirixido por Jorge Coira que se realizará grazas á colaboración entre dúas produtoras culturais independentes: Chévere, dedicada ao mundo escénico e OlloVivo. orientada aos proxectos audiovisuais.

Eroski Paraíso: o filme, que se estreará en 2019, está protagonizado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Cristina Iglesias e Luís Martínez. Trátase dunha co-produción independente realizada sen subvencións públicas, co soporte humano, material e loxístico das dúas produtoras e coa colaboración das empresas Vegalsa-Eroski e Deleite. A rodaxe conta tamén co apoio do concello de Teo, onde Chévere funciona como compañía residente.

Publicidade

O director Jorge Coira recolle agora –máis de dous anos despois da estrea do espectáculo—o testigo de pasar á linguaxe do cine a historia que anteriormente se contou sobre o escenario. Este proxecto afastarase do teatro filmado para ofrecer unha nova lectura do espectáculo teatral de Chévere mediante a súa tradución ao medio cinematográfico.

Unha historia que ten que ver co desarraigo da xeración dos seus pais e coa vontade da rapaza de recuperar as súas raíces para descubrir o seu lugar no mundo. Unha obra que explora o tratamento da realidade no cine e no teatro e as fronteiras entre o real e o representado, entre a ficción e o documental. Uha peza que reflexiona sobre a transformación da nosa sociedade desde os anos 80 ata a actualidade, representada na metáfora da sala de festas reconvertida en supermercado.

 

Xira de despedida

Dende a súa estrea hai xa máis de dous anos, o espectáculo Eroski Paraíso foi visto por máis de 24.000 persoas en 60 localidades de 11 comunidades autónomas. Entre os meses de outubro de 2018 e xaneiro de 2019, e antes de que a obra deixe de representarse para sempre, emprenderase unha xira de despedida que incluirá varias vilas e cidades galegas –Coruña, Vigo, Pontevedra, Gondomar e Teo–, e tamén cidades doutras comunidades como Oviedo, Santa Fe (Granada), San Fernando de Henares (Madrid) e Benavente. Ademais, no mes de novembro, Eroski Paraíso poderase ver en París, dentro do festival Don Quijote.

Recentemente, a editorial Kalandraka publicou o texto da obra dentro da súa colección Biblioteca de Teatro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PinkUnicornsLaMacana |

A compañía La Macana estrea en Alemaña a súa nova montaxe

bellini |

‘Il pirata’ de Bellini estréase este sábado na Coruña