PUBLICIDADE

Este sábado 8 de setembro, ás 20:00, e para conmemorar o 250 aniversario da fundación do primeiro teatro de ópera da cidade, un fito que marcou o inicio da actividade musical na Coruña, Amigos da Ópera pon en escena, por primeira vez, Il pirata, un dos títulos menos representados de Vincenzo , por mor da dificultade de atopar un elenco que lle faga xustiza. De feito, este foi un dos títulos que alicerzou a lenda de María Callas, responsable de rescatalo para a escena a mediados do século XX.

O elenco está encabezado pola soprano Saioa Hernández, que vén de alcanzar grandes triunfos en Francia (Francesca da Rímini), Italia (Tosca, La Gioconda, Il Trovatore), e Suiza (Guillaume Tell), un ascenso que culminará o próximo mes de decembro ao inaugurar o próximo mes de decembro a tempada de La Scala de Milán. Xunto a ela, o tenor Josef Kang estréase aquí despois do seu recente éxito na Ópera de Múnic co difícil papel de Arnoldo en Guillaume Tell. Completa a terna de protagonistas o barítono Juan Jesús Rodríguez, antes do seu regreso ao Metropolitan de Nova York para encarnar o Ford de Falstaff, un papel que xa abordara con anterioridade na Coruña.

Un dos máximos especialistas en belcanto de hoxe, asiduo de citas como o Rossini Opera Festival de Pésaro, o maestro Antonello Allemandi, estará á fronte do Coro Gaos e a Sinfónica de Galicia. Despois do éxito do seu recente Barbeiro de Sevilla, o reputado director galego , posuidor dunha longa traxectoria no ámbito teatral, asinará a posta en escena da ópera que inspirou a Wagner e a Donizetti.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!