Auditorio Municipal de Vigo

Vinte e case non dou creto (parte I)

Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.

Amigos da Ópera da Coruña celebra os 250 anos do primeiro teatro lírico da cidade

A Asociación Amigos da Ópera da Coruña presentou onte a súa Programación Lírica 2018, que estará marcada pola conmemoración dos 250 anos do nacemento do primeiro teatro lírico coruñés e para a que se producirá a ópera Il pirata, de Vicenzo Bellini, e se ofrecerá un concerto especial a cargo da mezzosoprano canadiana Vivica Genaux. […]