in

Amigos da Ópera da Coruña recibe o premio de honra Ópera XXI

palaciodaopera1 |

Amigos da Ópera da Coruña recibirá de Opera XXI, a organización que reúne aos 26 teatros e festivais líricos máis importantes do Estado, o Premio de Honor “á institución que contribuíu significativamente ao mundo da lírica”.

Amigos da Ópera da Coruña foi elixida por unanimidade entre as máis de vinte candidaturas propostas para o Premio de Honor, o que distingue cada ano a institución máis relevante. Estes premios suceden aos Premios Líricos Nacionais que con anterioridade outorgaba a Fundación Campoamor. A entrega realizarase hoxe, 21 de marzo, nunha gran gala que acollerá o Liceo de Barcelona.

Ópera XXI destaca que o galardón se concede pola recoñecida traxectoria de Amigos da Ópera da Coruña en defensa do xénero dende a súa creación. “Coincidindo coas conmemoracións dos 250 anos da fundación do primeiro teatro de ópera nesta cidade, e o 65 aniversario do Festival de Ópera da Coruña, Ópera XXI quere enviarlles ás institucións unha clara mensaxe sobre a necesidade de aumentar os apoios destinados á actividade lírica, e de xeito explícito ao labor que vén realizando Amigos da Ópera da Coruña, a entidade decana entre as españolas”, sinalaron.

Publicidade

“Desde que en 2016 se producise a cancelación da súa Temporada Lírica, Amigos da Ópera seguiu loitando de xeito heroico por manter en Galicia unha programación de calidade, unanimemente recoñecida, aquí e fóra, con medios cada vez máis precarios”, engadiron. “Agora é preciso recoñecer ese esforzo facendo posible que a Programación Lírica coruñesa volva canto antes aos niveis de financiamento que garantan unha actividade que non só beneficia aos aficionados ao xénero, senón que é fonte de riqueza, creación de postos de traballo, proxección dos nosos artistas e creadores e marca de cidade”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

EstreaOFidalgo |

‘O Fidalgo’ de San Luís Romero chega a Ames

marionette 2470594 1280 |

Mensaxe para o Día Mundial da Marioneta