in

Amigos da Ópera da Coruña celebra os 250 anos do primeiro teatro lírico da cidade

palaciodaopera1 |

A Asociación Amigos da Ópera da Coruña presentou onte a súa Programación Lírica 2018, que estará marcada pola conmemoración dos 250 anos do nacemento do primeiro teatro lírico coruñés e para a que se producirá a ópera Il pirata, de Vicenzo Bellini, e se ofrecerá un concerto especial a cargo da mezzosoprano canadiana Vivica Genaux.

De 1768 data a fundación por Nicola Setaro do primeiro teatro dedicado á ópera na Coruña e, polo tanto, das primeiras representacións do xénero celebradas na cidade. Por este motivo, Amigos da Ópera dedícalle a súa carteleira deste ano a lembrar e homenaxear este feito, rescatando a figura como pioneiro da vida musical coruñesa e impulsor da ópera italiana en Galicia que foi Setaro. Prográmase así a produción dunha das obras fundamentais do belcanto, Il pirata, de Vincenzo Bellini e libreto de Felice Romani, estreada en 1827 en Milán.

Para esta ocasión contarase na dirección escénica cunha figura recoñecida do panorama escénico galego, Xosé Manuel Rabón, acompañado na dirección musical por Antoncello Allemandi, cun elenco do que forman parte as sopranos Saoia Hernández e Carmen Subrido, o barítono Juan Jesús Rodríguez e o tenor Francesco Pio Galasso, todos eles acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos.


Publicidade

O resultado desta montaxe, que se amosará o 8 de setembro no Pazo da Ópera da Coruña, irá acompañado por outra actividade que enriquecerá aínda máis esta celebración: o 30 de setembro estrearase Setaro, o construtor de utopías, coa mezzo canadiense Vivica Genaux e o barítono coruñés Borja Quiza como protagonistas e o director Mario Pontiggia na posta en escena. Un espectáculo que servirá para que a cidadanía se poida remontar a finais do século XVIII e vivir musicalmente aquel período, con especial fincapé na peripecia vital e artística de Nicola Setaro. O espectáculo viaxará despois a Portugal da man da Orquestra Barroca de Mateus.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ameiodanoite1 |

A meio da noite

metrocadrado |

O II Certame de Microteatro Metro Cadrado xa ten gañadores