in

‘A viaxe dos Chévere’, de Alfonso Zarauza, xa pode verse na plataforma Filmin

|
A viaxe dos Chévere, de Alfonso Zarauza, un documental que repasa 25 anos de historia dunha das compañías de teatro máis combativas de Galicia, pode verse xa na plataforma Filmin.

 

A través dunha mirada moi persoal e poética, o filme narra o desterro dos Chévere, que se viron obrigados a abandonar a mítica Sala Nasa de Santiago de Compostela polas presión do goberno municipal daquel intre e instalarse no concello veciño de Teo. Durante varios meses, o cineasta e un reducido equipo acompañaron ao grupo no seu día a día, mentres elaboraban a Ultranoite no País dos Ananos, un musical co que se estrearon no seu novo espazo de traballo e que xirou posteriormente por Galicia

Un filme que fala da irracionalidade do poder e da cordura da arte, da volatilidade da acción política e da perdurabilidade do traballo creativo. Un proxecto no que o teatro e o cine van da man.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MostraCangasExpoLuzBeloso |

Unha exposición sobre a ilustradora Luz Beloso abre os actos da Mostra de Teatro de Cangas

LohengrinMiradaDasBolboretas |

A Federación Galega de Teatro Afeccionado celebra en Ribadavia o seu XX aniversario