in

‘Eroski Paraíso’, o filme, estréase en salas este venres

EroskiFilme |
Logo dalgunhas preestreas no Festival de Cans, Cineuropa e Culturgal, a adaptación cinematográfica de Eroski Paraíso chega ás salas.

 

O filme, unha produción de Chévere e Ollo Vivo, chegará este venres 13 de decembro aos cines galegos. As primeiras localidades que acollerán o filme a partir desa data serán salas como as salas Numax (Santiago de Compostela), Duplex (Ferrol), os Multicines Norte (Vigo), Codex (Lugo), os Cines Viveiro (Viveiro) os Cines Seixo (Marín) e o Teatro Municipal Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras). Nas semanas seguintes Eroski Paraíso tamén poderá verse en Caldas de Reis, A Coruña, Cee, A Rúa, As Pontes, Verín, Leiro, A Estrada ou Ribadeo.

O filme é unha comedia que explora a memoria colectiva, as voltas que dá a vida e a transformación das relacións nunha comunidade pequena. Baséase en historias reais que sucederon no Paraíso, unha famosa sala de festas de Muros que pechou en 1990 e que, ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, se repetiu en infinidade de lugares de España onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización se volveron espazos de consumo.

Esta é tamén unha historia de desarraigo: a historia de alguén que non parou en ningún sitio para volver ao mesmo punto de partida, coma se tivese estado parada no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu redor.

Preme aquí para ver un trailer da película.

 

Un espectáculo de éxito

Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas O’Paraíso de Muros en 1990, xusto antes de que pechara.

Eroski Paraíso estreouse na antiga fábrica de conservas Sel de Muros en marzo de 2016. Dende a súa estrea, esta montaxe -galardoada cos Premios María Casares 2017 á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e mellor canción orixinal- chegou a ser un dos espectáculos galegos máis vistos e con maior proxección estatal dos últimos anos. Realizou unha xira de varios anos por todo o Estado e conseguiu reunir a máis de 30.000 espectadores. O libro, editado por Kalandraka, gañou o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”.

 


Publicidade

Presentacións 

O lanzamento do filme será apoiado por unha serie de presentacións e coloquios coas persoas do equipo. Para as vindeiras datas están previstas as seguintes:

Cine Numax, Compostela | Venres 13, ás 22:00.

Cine Duplex, Ferrol | Sábado 14, ás 20:10.

Cine Codex, Lugo | Mércores 18, ás 20:30.

Multicines Norte, Vigo | Domingo 15, ás 20:20. Proxeccións: venres 13 e sábado 14 ás 19:00. Domingo 15 a xoves 19 ás 20:30.

Teatro Lauro Olmo, O Barco | Luns 16, ás 20:45. Proxeccións: sábado 14, ás 19:30 e 22:30; domingo 15 ás 19:30; e luns 16, ás 20:45.

Cines Viveiro, Viveiro | Xoves 19, ás 21:00. Proxeccións: venres 13 ás 22:30; sábado 14 e domingo 15, ás 20:00: mércores 18 e xoves 19, ás 21:00.

Cine Seixo, Marín | Sábado 14 ás 20:00. Proxeccións: vernes 13, sábado 14, domingo 15 ás 20:00. e 22:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RoldaAAAGAcademia |

O teatro e danza institucionais, ameazados polas reformas anunciadas pola Xunta

ParlamentoCEC2 |

O director da Agadic non aclara as dúbidas sobre o futuro do CDG e o CCG