in

Goretti Sanmartín propón declarar Filla Predilecta de Compostela a Pilar Pereira

Pilar Pereira
A voceira do BNG no concello de Compostela tamén propón dedicarlle unha rúa na cidade.

 

A voceira do BNG no Concello de Santiago, Goretti Sanmartín, tras o falecemento da actriz Pilar Pereira, trasladoulle aos demais portavoces municipais a proposta de realizar unha declaración institucional para levar á Comisión de Títulos, Honras e Condecoracións a petición de dedicarlle unha rúa, nomeala Filla Predilecta da cidade e organizar algún evento cultural na súa memoria.

Pilar Pereira, que foi soterrada na tarde do sábado, era veciña da rúa da Troia e exerceu unha intensa traxectoria no teatro e no sector audiovisual. Segundo explicou Goretti Sanmartín en rolda de prensa, Pilar Pereira era “unha picheleira de toda a vida, que sempre presumiu de ser picheleira aquí e fóra onde viviu moito tempo”.


Publicidade

“Queremos solicitar que na próxima Comisión de Títulos, Honras e Condecoracións vaia unha proposta de recoñecemento para lle dar o nome de Pilar Pereira a unha rúa e contribuír así á feminización do rueiro, tamén o recoñecemento como Filla Predilecta da cidade, ademais de mirar un evento cultural que poida levar a súa denominación para a súa lembranza”, engadiu a portavoz nacionalista en Raxoi.

Pilar Pereira foi unha persoa referente no mundo da arte dramática e para moitas mulleres de Santiago de Compostela “porque quixo exercer a vida en liberdade e reivindicou sempre a creación artística desde moi nova, foi unha pioneira e seguiu até os últimos tempos” con esta dedicación.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

EroskiFilme |

‘Eroski Paraíso’, o filme, logra sete candidaturas aos Mestre Mateo

MadhubaiAtlantico |

Teatro do Atlántico leva á escena ‘A conquista da escola de Madhubai’, de Hélène Cixoux