Edicións Positivas publica Da avaricia, a luxuria e a morte, a versión que Teatro do Noroeste fixo do Retablo da avaricia a luxuria e a morte de Valle Inclán, en versión de Manuel Guede.
Con este conxunto de tres pezas, ao que lle faltan Sortilexio e O embruxado para completar o Retablo, Positivas prosegue o seu labor de anosar a obra dramática de Valle Inclán.
A cabeza do Bautista e A rosa de papel disque deben ser consideradas como “melodramas para marionetas”, mentres que Ligazón debería ser amentada como “auto para siluetas”. O que aquí, en realidade, prevalece é a maquinaria da morte conducindo contornos, monifates, estadeas, siluetas, marionetas… seres no trance de ser devorados irremediablemente no medio dun escenario en cinzas.
Positivas xa publicou, na colección O Papel do Teatro, en colaboración co Centro Dramático Galego, outros dous volumes dedicados á versión da obra de Valle Inclán: Martes de Carnaval e Divinas Palabras Revolution.
- A MITCFC desvela as datas e o programa completo da súa 43ª edición - 09/05/2026
- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026



