Aberta a convocatoria para o II Premio Laudamuco para Textos Teatrais

Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e un anos. Detrás daquela audaz iniciativa estaba a “Compañía Antroido” e, dirixindo ese proxecto escénico, o noso ilustre veciño Roberto Vidal Bolaño. Aquela decisión foi determinante para […]

Edicións Positivas publicará ‘Doppelgänger’, de Paula Carballeira

Edicións Positivas anuncia a publicación de Doppelgänger, de Paula Carballeira. A obra, que se estreará o vindeiro 24 de xaneiro no Salón Teatro, é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego, resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases. A primeira etapa de investigación e […]

O CDG e Edicións Positivas coeditan o texto de ‘Divinas Palabras Revolution’

A versión en galego da obra teatral de Valle-Inclán Divinas Palabras realizada por Manuel Cortés e Xron para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution. Traxicomedia de aldea global é obxecto do terceiro número da colección editorial O Papel do Teatro, creada para darlle difusión aos textos das producións propias da compañía […]

Libros: novidades

O Tartufo, de Molière. Tradución de Henrique Harguindey, Laiovento. 130 páxs. «O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a […]