in

Francisco A. Vidal gaña o III Premio Laudamuco

Francisco A. Vidal CastroBal 2013 01 scaled |
Imaxe de Eduardo Castro Bal

O seu texto, A vinganza de Fortimbrás, foi escollido polo xurado por unanimidade entre os 47 orixinais presentados nesta terceira edición do premio.

O escritor Francisco Antonio Vidal Blanco vén de gañar a terceira edición do Premio Laudamuco para Textos Teatrais con A vinganza de Fortimbrás.  O xurado, composto por Pilar López Pérez, Xoana Balado Fernández, Gonzalo Rodríguez Calvo, Xulio Lago Alonso e Manuel Guede Oliva, persoas vencelladas á Academia Galega de Teatro, organizadora do certame xunto co Concello de Brión, decidiu escollelo por unanimidade como texto gañador, de entre as 47 propostas presentadas, nunha sesión celebrada de xeito telemático.

Segundo se recolle na acta do xurado, A vinganza de Fortimbrás é “unha precuela que vén a dialogar co mito hamletiano”. Nela proponse “unha relectura na que os personaxes secundarios do drama orixinal pasan aquí a se converter en protagónicos, nun xiro de guión sorprendente e enriquecedor”. Destacouse tamén “o uso da lingua, eficaz e diáfana, a axilidade dos diálogos, sempre en progresión, e unha sabia construción da andamiaxe teatral na que se adiviña o pulso de alguén que coñece os interiores da escrita dramática”.

Publicidade

Ademais, o xurado resume as principais liñas de acción do texto: “Vinganza, sexo e poder son tres das forzas principais que están presentes na acción e que mobilizan unha inquietante galería de personaxes, presentes uns, ausentes moitos outros, mais posuidores, todos eles, dun alto interese dramático; definitivamente, interesantes modelos nos que habitan as luces e as sombras dos comportamentos humanos”.

A dotación económica do premio será de 7.000 euros, e o texto será editado en Edicións Positivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Rocio Gonzalez |

Rocío González obtén o XIX Premio Maruxa Villanueva

Colectivo Glovo

‘Atopémonos Bailando’ leva a Lugo varias propostas de danza contemporánea galega