A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas. Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e dous anos. Detrás daquela […]
Etiqueta: Premio Laudamuco
Raúl Dans recolleu este sábado o II Premio Laudamuco
O coruñés Raúl Dans Mayor recolleu este sábado de mans do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, o II Premio Laudamuco para textos teatrais, que convocan o Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, foi distinguido cun premio de 7.000 euros, […]
Raúl Dans gaña o Premio Laudamuco para textos Teatrais 2020
Raúl Dans é o gañador da segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, concorreu ao certame coa obra Só un home bo, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e […]
Aberta a convocatoria para o II Premio Laudamuco para Textos Teatrais
Laudamuco, señor de ningures foi a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional. Aconteceu o dezaseis de maio de 1978. Van alá corenta e un anos. Detrás daquela audaz iniciativa estaba a “Compañía Antroido” e, dirixindo ese proxecto escénico, o noso ilustre veciño Roberto Vidal Bolaño. Aquela decisión foi determinante para […]
Manuel Quintáns presenta en Brión un novo libro sobre Roberto Vidal Bolaño
| Foto: Quique Alvarellos | O vindeiro mércores 23 de outubro, ás 20:00, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Brión, presentarase o libro Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, escrito polo profesor Manuel Quintáns e publicado polo Centro Ramón Piñeiro. No acto participarán, ademais do propio autor, Valentín García Gómez, secretario […]
Xavier Lama recibe este xoves en Brión o I Premio Laudamuco
Este xoves 16 de marzo, entregaráselle a Xavier Lama, gañador da primeira edición deste galardón, o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O acto de entrega terá lugar na Carballeira de Santa Minia, en Brión, ás 12:00. O Premio Laudamuco é un galardón […]
Xavier Lama gaña o I Premio Laudamuco de textos teatrais
Xavier Lama é o gañador do I Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas coa obra Na miña alma ouvea un lobo. Xavier Lama (Guntín, 1962) é autor de diversos textos dramáticos como O peregrino errante que cansou ó demo (Premio Camiño de Santiago en 1993), O […]
O Premio Laudamuco apoia a creación teatral en galego
O premio terá carácter anual e estará dotado con 7.000 euros e coa edición da obra a cargo de Edicións Positivas. O Concello de Brión, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e con Edicións Positivas, convocan a primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais. Un galardón de carácter anual, dotado con 7.000 […]
Presentación do Premio “Laudamuco” de textos teatrais
| Foto: Quique Alvarellos | Este mércores 24 de outubro, ás 12:00, no Consello da Cultura Galega, será presentado publicamente o premio “Laudamuco” de textos teatrais, que honra a memoria de Roberto Vidal Bolaño. O acto correrá a cargo dos seus promotores: José Luís García García, Alcalde do Concello de Brión; Imma Antonio Souto, […]
Créase o Premio Laudamuco de Teatro para textos dramáticos
O Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas veñen de crear o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, coa intención de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representa para o teatro en galego e, en xeral, para a […]