in

Xavier Lama recibe este xoves en Brión o I Premio Laudamuco

Xavier Lama |

Este xoves 16 de marzo, entregaráselle a Xavier Lama, gañador da primeira edición deste galardón, o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O acto de entrega terá lugar na Carballeira de Santa Minia, en Brión, ás 12:00.

O Premio Laudamuco é un galardón de carácter anual, dotado con 7.000 euros e coa edición da obra, e que está aberto a autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten unha obra dramática inédita, en lingua galega. O galardón toma o nome da obra Laudamuco, señor de ningures, a peza coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional o 16 de maio de 1978 da man da compañía Antroido, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Unha iniciativa determinante para o conxunto do sistema teatral galego e sen a que non se podería explicar a súa historia posterior.

O galardón busca un dobre obxectivo: apoiar a creación dramática en galego e contribuír ao recoñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño.


Publicidade

Xavier Lama gañou a primeira edición do Premio coa obra Na miña alma ouvea un lobo. É autor de diversos textos dramáticos como O peregrino errante que cansou ó demo (Premio Camiño de Santiago en 1993), O serodio remordemento do amor (Premio Rafael Dieste en 1995) ou Ela, piedade dos suicidas (XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos no 2014). Recentemente, o seu texto Os reloxos preguiceiros da néboa (Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2010) foi levado á escena pola compañía Aporía Escénica.

O xurado –que tivo que escoller entre 54 textos– explicou a elección pola «capacidade do autor para explorar, con notable eficacia dramática e a través de sucesos e personaxes tomados da realidade, zonas escuras de funcionamento dos estados modernos, sen impoñerlle ao lector puntos de vista únicos».

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MuseoGalegoMarioneta |

Pecha o Museo da Marioneta de Lalín

Valeria Guglietti3 |

Comeza o programa de rúa no FIT de Redondela