in

Xavier Lama gaña o I Premio Laudamuco de textos teatrais

Xavier Lama |

Xavier Lama é o gañador do I Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas coa obra Na miña alma ouvea un lobo.

Xavier Lama (Guntín, 1962) é autor de diversos textos dramáticos como O peregrino errante que cansou ó demo (Premio Camiño de Santiago en 1993), O serodio remordemento do amor (Premio Rafael Dieste en 1995) ou Ela, piedade dos suicidas (XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos no 2014). Recentemente, o seu texto Os reloxos preguiceiros da néboa (Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2010) foi levado á escena pola compañía Aporía Escénica.


Publicidade

O Premio Laudamuco toma o seu nome da obra Laudamuco, señor de ningures, a peza coa que o teatro galego iniciou a súa singradura profesional o 16 de maio de 1978 da man da compañía Antroido, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Unha iniciativa determinante para o conxunto do sistema teatral galego e sen a que non se podería explicar a súa historia posterior. Segundo os convocantes, busca un dobre obxectivo: “apoiar a creación dramática en galego e contribuír ao recoñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño, un mestre das palabras, a figura máis importante do teatro galego e un benquerido veciño de Brión”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ZarandaDesguace2 |

A XXXVI Mostra de Cangas presenta o seu programa

NadjMnemosyne |

Mnémosyne