Os últimos artigos de...

O Charco de Ulises

O charco de Ulises

Atendendo á estrutura superficial, á tona textual, O charco de Ulises efectivamente pode entenderse como unha versión libre da Odisea homérica. Mais logo, cando nos debruzamos no texto, atentos a como se articula ese traspaso ao “contexto transatlántico”, comprobamos, na nosa lectura, que a tal versión vai alén do anunciado, moi especialmente ao mesturar dous cronotopos (marco espazo-temporal dunha determinada narrativa), ben diferentes: o que lle é propio á vella narrativa homérica e o que derivaría dos contos e historias, mesmo personaxes, da emigración galega, coa súa propia épica. Por iso dicimos nós que se trataría dunha versión “libérrima”. E nese confronto de cronotopos, tamén abrollan os propios da persoa que se aplica na lectura, coas súas expectativas e coa súa historia persoal.

Libros de vello / libros de saldo 1

Expresión dramática infantil

Nesta sección, Libros de vello / Libros de saldo, presentamos traballos substantivos nas diferentes disciplinas que conforman o campo dos estudos teatrais pero tamén as que se acollen baixo a denominación de disciplinas da creación teatral, tamén ditas ciencias do teatro. Son libros ata hai pouco difíciles de atopar, pero o auxe das librerías de vello permítenos atopalos e mercalos a un prezo realmente módico, case de balde, o que é unha verdadeira regalía considerando todo canto eses libros esquecidos poden achegar ás nosas librerías pero sobre todo ás nosas cabezas (e corpos). Ademais son librerías que ofrecen un servizo normalmente de primeira calidade e os libros chegan en pouco tempo e en magníficas condicións.

Acciones concomitantes

Acciones concomitantes. Un método para la actuación teatral

Neste libro, Acciones concomitantes. Un método para la actuación teatral, Jaroslaw Bielski parte de dous mestres da interpretación que constitúen un exemplo magnífico do que en Teoría da Interpretación se podería denominar Paradigma Indutivo, fronte ao Paradigma Dedutivo que propoñen Vsevolod Meyerhold e Bertolt Brecht.

Só un home bo de Raúl Dans

Só un home bo

Lendo o título que Raúl Dans escolle para o seu texto, e despois de ter lido tamén a propia peza, cabe preguntarse onde é que está o “home bo” ao que fai referencia, ou mesmo se é que hai algún home bo agochado entre as súas cadeas de palabras. Pois na maneira de compoñelo, o tal título semella querer trasladar a idea de que alguén, despois de todo, ou malia todo, non deixa de ser unha boa persoa.

Alborada de Edipo de Xesús Pisón

Alborada de Edipo

Alborada de Edipo, de Xesús Pisón, é un volume moi interesante, que ten a virtude de dar que pensar e dar que falar (ou escribir), e nesa dirección cumpre coa finalidade formulada na súa contracapa, ao destacar a “ansia de procura, de encontro e de debate”. En efecto, un traballo que revolve, por dentro e por fóra, pois desafía, procura confrontación. Contra a indiferenza.

Recibe a túa na casa

Por 20 euros ao ano recibirás con artigos, reportaxes, textos teatrais...