in

Manuel Quintáns presenta en Brión un novo libro sobre Roberto Vidal Bolaño

RobertoVidalBolaño |
| Foto: Quique Alvarellos |

 

O vindeiro mércores 23 de outubro, ás 20:00, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Brión, presentarase o libro Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, escrito polo profesor Manuel Quintáns e publicado polo Centro Ramón Piñeiro.

No acto participarán, ademais do propio autor, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Armando Requeixo, secretario do Centro Ramón Piñeiro e José Luís García, alcalde do Concello de Brión. Como colofón, procederase coa presentación do II Premio Laudamuco para textos teatrais que, un ano máis, promoverá a creación de textos dramáticos na nosa lingua.

 

De moitos/as é coñecida a especial vinculación de Roberto Vidal Bolaño con Brión, lugar onde residiu os derradeiros anos da súa vida e clara inspiración creativa para algunha das súas obras, como a celebrada Animaliños.


Publicidade

Brión rendeu tributo a este ilustre veciño a través de diferentes homenaxes. Un dos primeiros celebrouse en xuño de 2013 no transcurso do VIII Encontro coa Arte, dedicado a esta destacada figura da dramaturxia galega. Un busto de bronce, obra do artista plástico Xosé Vizoso, converteuse nun dos referentes arquitectónicos da Carballeira de Santa Minia.

Coa intención de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento de Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convocou a finais de 2018, o Iº Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais. Un certame literario que vai ter continuidade cunha segunda edición.

Esta estreita vinculación é o motivo de que Brión sexa o lugar elixido para a presentación duns dos últimos estudos dedicados á vida e obra do dramaturgo compostelán. Trátase do libro Roberto Vidal Bolaño: unha poética teatral xenuinamente galega escrito polo profesor Manuel Quintáns e publicado pola Centro Ramón Piñeiro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

29CB1ABD AADD 43E7 A315 6388577F0609 |

Producións Dispersas estrea ‘Todas as marabillas do mundo’

ConservandoMemoria |

El Patio Teatro: “Nós non facemos teatro para a xente de teatro, facémolo para as persoas”