in

Producións Dispersas estrea ‘Todas as marabillas do mundo’

29CB1ABD AADD 43E7 A315 6388577F0609 |

Producións Dispersas estrea mañá, domingo 20, ás 12:00, no Auditorio Municipal de Ourense, Todas as marabillas do mundo, unha montaxe dirixida a público familiar e na que conviven, sobre o escenario, actores, monicreques e música en directo.

Todas as marabillas do mundo preséntanos unha personaxe fascinada pola beleza do mundo e as súas marabillas. Unha personaxe que desexa, máis que nada, coñecer e gozar de todas as cousas fermosas que o noso planeta nos regala. Pero esa fascinación na súa ollada apagarase pronto cando descobre que as marabillas son tantas e o mundo é tan grande que non tería nin o tempo nin os cartiños para poder gozar de toda esa fermosura.

O espectáculo fala tamén da tremenda frustración do seu protagonista, que deberá aprender a poñer en orde todas as emocións no seu interior porque, ás veces, non comprende como levarse ben con todo o que vive na súa cabeza.


Publicidade

O sentido común, o aburrimento, a vergoña, a alegría, a tristeza, a ira, a paz interior, entre outras emocións, serán así mesmo personaxes dun espectáculo que estará guiado pola música en directo.

Sobre o escenario, interpretando os papeis protagonistas, estarán os actores ourensáns Diego Freire e Bea Bravo. A música en directo será interpretada por Salomé Garrido (teclados e dirección), Raquel Huete (tuba), Jorge Justo (trompeta) e Sandra Pérez (percusión). As voces en off son de Ana Ponte e de Bea Bravo, mentres a escenografía e os monicreques corren a cargo de Daniel Díaz.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TorreDeBermudez |

XXI Xornadas de homenaxe a Valle Inclán na Pobra do Caramiñal

RobertoVidalBolaño |

Manuel Quintáns presenta en Brión un novo libro sobre Roberto Vidal Bolaño