in ,

A Coruña convértese na capital do humorismo na cuarta edición do EMHU

Arrancou onte e desenvolverase ata o 5 de maio

Go Home en Noia © Emi Ramírez reducida
'Go Home' en Noia. Foto de Emi Ramírez.

O Encontro Mundial de Humorismo, EMHU, inaugurou onte a súa cuarta edición na Coruña. A súa programación inclúe once xornadas enfocadas “a construír e destruír realidades a través do humor, ademais de derrubar tristuras e clixés coa mellor comedia do momento”. Ata o 5 de maio, o EMHU 2024 reunirá na cidade herculina figuras moi destacadas da escena humorística estatal e galega, como é o caso de Álex Clavero, Ana Morgade, Carolina Iglesias, David Amor, David Cepo, David Perdomo, Eva Hache, Galder Varas, Goyo Jiménez, Henar Álvarez, Ignasi Taltavull, Javier Veiga, Juan Dávila, Juan Herrera, Jordi Moltó, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Raquel Martos, Roberto Vilar, Sílvia Abril, Tomàs Fuentes, Xosé Antonio Touriñán ou o trío As R(h)umorosas, conformado por Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro.

O podcast El Nicho, do coruñés David Perdomo, foi o evento encargado de inaugurar onte o EMHU 2024 no Auditorio da Sede Afundación. A cita contou cun invitado moi especial: Xosé A. Touriñán e esta actividade formou parte da campaña Cultura por Alimentos, na que o EMHU colaborou con Afundación (Obra social ABANCA), de xeito que o público tivo a opción de “trocar” a súa entrada de balde por unha doazón de alimentos non perecedoiros que, posteriorimente, distribuirá o Banco de Alimentos Rías Altas.

Hoxe, venres 26 de abril, o EMHU servirá un dos seu pratos fortes deste 2024 no Coliseum. A partir das 21.00 horas, máis de 6500 persoas gozarán con La capital del pecado 2.0, de Juan Dávila, un dos ‘showman’ máis aclamados do momento; e que regresa ao evento logo de encher no EMHU 2023, en cuestión de minutos, o Teatro Colón. Para ver a Dávila nesta edición, os billetes esgotáronse nunhas horas.

Coa cifra récord de máis de 20 000 entradas e convites despachados, a cuarta edición do Encontro Mundial de Humorismo presentará na Coruña algúns dos espectáculos en xira máis relevantes do momento, como Mentes peligrosas, Esto no es un show ou La ruina, mais tamén ofrecerá as xa clásicas galas de produción propia Humoris Causa e Fantastic Colofon, a gala final na que se entregarán os Premios EMHU 2024 a Antonio Resines, Goyo Jiménez e Xosé Ramón Gayoso. Para todas estas citas as entradas están esgotadas desde hai semanas, pero o público aínda pode gozar dalgunhas propostas do EMHU 2024: quedan os últimos billetes dispoñibles para Celebreixon (con Roberto Vilar, 28 de abril, en dobre función), a obra de teatro Go Home (con David Amor e Josito Porto, 1 de maio, baixo a dirección de Tito Asorey) ou a estrea en España da xira Tengo cosas para hacer, da arxentina Dalia Gutmann (3 de maio en Afundación). As entradas pódense adquirir a través da páxina web do EMHU ou da plataforma Ataquilla.


Publicidade

Ademais, o público interesado en asistir ao EMHU de xeito gratuíto terá a oportunidade de achegarse até a Sede de Afundación para rir co Match de Impro, da Escuela Impro Coruña (27 de abril, 12.30h) ou ser parte dos parladoiros Coidado coas bromas. Unha mesa redonda sobre os perigos da comedia (30 de abril, 20.00h) e O negocio do humor (4 de maio, 12.30h). Ademais, a Librería Santos Ochoa da rúa Teresa Herrera acollerá a presentación e sinatura do libro Pérdidas de risa, un acto no que a súa autora, Sílvia Abril conversará co público nun diálogo moderado polo director artístico do EMHU, Luis Piedrahita.

A cuarta edición do Encontro Mundial de Humorismo, a cita humorística máis relevante de España tanto polo número de actividades como de público, que se desenvolverá ata o 5 de maio, está impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e conta co apoio do Concello da Coruña, da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e de Estrella Galicia.

Programación EMHU 2024

Xoves 25 de abril, 20.00h | SEDE AFUNDACIÓN (entrada libre. Campaña Cultura por Alimentos)
El Nicho. David Perdomo.

Venres 26 de abril, 21.00h | COLISEUM (entradas esgotadas)
La capital del pecado 2.0. Juan Dávila.

Sábado 27 de abril, 12.30h | SEDE AFUNDACIÓN (entrada libre. Campaña Cultura por Alimentos)
Match de impro. Escuela de Impro Coruña.

Sábado 27 de abril, 19.00 e 22.00h | PALEXCO  (entradas esgotadas)
Mentes peligrosas. Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez.

Domingo 28 de abril, 17.30 e 20.00h | TEATRO COLÓN
Celebreixon. Roberto Vilar.

Martes 30 de abril, 19.30h | TEATRO COLÓN (convites esgotados)
Lo que me han enseñado los mayores. Jordi Moltó.

Martes 30 de abril, 20.00h | SEDE AFUNDACIÓN  (entrada libre. Campaña Cultura por Alimentos)
Coidado coas bromas. Unha mesa redonda sobre os perigos da comedia. Dani Alés, Luis Álvaro, Alberto Olmos e José María Rodríguez Santos.

Mércores 1 de maio, 19.30h | TEATRO COLÓN
Go Home. Espectáculo dirixido por Tito Asorey, con David Amor e Josito Porto.

Xoves 2 de maio, 20.00 e 22.30h | TEATRO COLÓN (entradas esgotadas)
Esto no es un show. Galder Varas.

Venres 3 de maio, 19.00h | LIBRARÍA SANTOS OCHOA (r/ Teresa Herrera) (entrada libre)
Presentación do libro Pérdidas de risa, de Sílvia Abril. Con Sílvia Abril e Luis Piedrahita.

Venres 3 de maio, 19.00h | SEDE AFUNDACIÓN
Tengo cosas para hacer. Dalia Gutmann.

Venres 3 de maio, 21.00h | TEATRO COLÓN (entradas esgotadas)
La nueva normalidad. Álex Clavero.

Sábado 4 de maio, 12.30h | SEDE AFUNDACIÓN  (entrada libre. Campaña Cultura por Alimentos)
O negocio do humor. Álex Clavero, Juan Herrera, Raquel Martos e Luis Piedrahita.

Sábado 4 de maio, 12.30 e 18.00h | TEATRO COLÓN (entradas esgotadas)
La Ruina. Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes.

Sábado 4 de maio, 19.00 e 22.00h | PAZO DA ÓPERA (entradas esgotadas)
Humoris Causa. Goyo Jiménez, Leo Harlem, Luis Piedrahita e Sílvia Abril.

Domingo 5 de maio, 12.30h | TEATRO COLÓN (convites esgotados)
El sentido de la birra. Ricardo Moya e Antonio Resines.

Domingo 5 de maio, 20.00h | TEATRO COLÓN (entradas esgotadas)
Fantastic Colofon. As R(h)umorosas, David Cepo, Javier Veiga e Xosé A. Touriñán.
Inclúe a entrrega dos Premios EMHU 2024 a Antonio Resines, Goyo Jiménez e Xosé Ramón Gayoso.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

bailero companhiadelas red

O Colectivo D’elas leva ‘É difícil fotografar o baleiro’ á Coruña

Perder a lingua mostra de proceso

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Perder a lingua’