A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.
Etiqueta: Josito Porto
PT Excéntricas chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Cartoóns’
Esta coprodución con Teatro de Adro poderá verse do 30 de outubro ao 3 de novembro no Salón Teatro, onde ofrecerá dous pases matinais para escolares e catro funcións xerais. Producións Teatrais Excéntricas chega esta semana ao Salón Teatro de Compostela para ofrecer cinco días de representacións do seu espectáculo Cartoóns, que supón a […]
Josito Porto substituirá a Evaristo Calvo en ‘Cranios privilexiados’
Mofa & Befa anunciou na súa páxina de Facebook que Evaristo Calvo deixa temporalmente o popular dúo debido a un proxecto profesional que se desenvolverá fóra das nosas fronteiras e que, xa que logo, non pode compatibilizar coa actual xira de Cranios privilexiados. O seu lugar durante o percurso da obra será ocupado por Josito […]
As mil vidas de Matías Houseman
Anestésicos da conciencia | Manuel Xestoso | A imaxinación pode ser o detonador da obra dun artista, do sistema dun filósofo, das leis dun científico e dos logros dun reformista ou dun revolucionario. Pero hai que conceder que o uso da imaxinación pode ser ben diferente se se emprega como substituto da realidade: daquela […]