in ,

Sarabela, Elefante Elegante, ButacaZero e Marta Alonso Tejada os favoritos nos Premios María Casares 2021

Premios María Casares 2021
Creación propia.

A lingua das bolboretasBailar Agora, Dreaming Juliet e Microspectivas dun marica millenial competirán polo galardón ao mellor espectáculo. Os nenos da varíola, Ris Ras e Lázaro de Tormes polo de mellor espectáculo infantil.

Un total de 13 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer en Santiago durante a Presentación de Finalistas que tivo lugar na Terraza do Edificio da SGAE.

A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou un total de 8 finalistas nas categorías de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actor protagonista, actor secundario, iluminación, escenografía e vestiario.

Pola súa banda, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, rexistra 5 finalistas nas categorías de espectáculo, actriz secundaria, música orixinal, escenografía e vestiario.

A obra 32m2, de ButacaZero, acada tamén 5 finalistas nos apartados de dirección, actor protagonista, texto orixinal, música orixinal e escenografía.

Tamén con 5 finalistas atópase Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada: espectáculo, dirección, actriz protagonista, iluminación e vestiario.

Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria, convértese en finalista en 4 categorías: espectáculo, actor protagonista, texto orixinal e iluminación.

Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, conseguen un total de 4 finalistas para os galardóns de espectáculo infantil, adaptación-tradución, actriz secundaria e maquillaxe.

O Premio, de La Quintana Teatro, tamén rexistrou un total de 4 finalistas nos apartados de actriz protagonista por partida dubla, texto orixinal e maquillaxe.

O mozo da última fila, de Redrum Teatro, acada tres finalistas nos apartados de actriz secundaria e actor secundario, neste segundo caso por partida dupla.

Por último, cinco obras conseguen 1 finalistas: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area (adaptación-tradución), A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico (música orixinal), O libro da selva, de Teatro Avento Producións (maquillaxe), Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón (espectáculo infantil) e Ris Ras, de Baobab (espectáculo infantil).

O acto de presentación, que foi conducido por Carmen Conde, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Miguel Diéguez, director da SGAE no Noroeste; e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia, que acudiron ao acto en calidade de representantes das institucións que patrocinan os galardóns do noso teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).


Publicidade

Finalistas Premios Maria Casares 2021 scaled |
Imaxe de LaDiapo

Finalistas XXV Premios María Casares 2021

Espectáculo

A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Dreaming Julietde Elefante Elegante

Bailar agora, de Marta Alonso Tejada

Microspectivas dun marica millennialde Incendiaria

Espectáculo infantil

Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández

Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón

Ris Ras, de Baobab Teatro

Actriz protagonista

Marta Alonso Teajada por Bailar agora, de Marta Alonso Tejada

Victoria Teijeiro por O premio, de La Quintana Teatro

Raquel Espada por O premio, de La Quintana Teatro

Actor protagonista

Josito Porto por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Xurxo Cortázar por 32m2, de ButacaZero

Davide González por Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria

Actriz secundaria

Marta Alonso por Dreaming Juliet, de Elefante Elegante

Isabel Risco por Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández

Belén Constenla por O mozo da última fila, de Redrum Teatro

Actor secundario

Fran Lareu por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Machi Salgado por O mozo da última fila, de Redrum Teatro

Rubén Porto por O mozo da última fila, de Redrum Teatro

Dirección

Gonçalo Guerreiro por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas por 32m2, de ButacaZero

Marta Alonso Teajada por Bailar agora, de Marta Alonso Tejada

Adaptación-tradución

Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Victoria Pérez por Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández

Paloma Lugilde, Xoan C. Laxe e Rosa Moledo por Poeta en Nova York, de Teatro baixo da area

Texto orixinal

Esther F. Carrodeguas por 32m2, de ButacaZero

Santiago Cortegoso por O premio, de La Quintana Teatro

Davide González e Vanesa Sotelo por Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria

Música orixinal

Miguel Paz, Nacho Martín e Gonçalo Guerreiro por Dreaming Juliet, de Elefante Elegante

Rodrigo Cuevas por 32m2, de ButacaZero

Vadim Yukhnevich por A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico

Iluminación

Baltasar Patiño por por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Laura Iturralde por Bailar agora, de Marta Alonso Tejada

Laura Iturralde por Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria

Escenografía

Gonçalo Guerreiro por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Gonçalo Guerreiro por Dreaming Juliet, de Elefante Elegante

Beatriz de Vega por 32m2, de ButacaZero

Maquillaxe

Fanny Mosqueira por O premio, de La Quintana Teatro

Maribel Valdivieso por Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández

Fernanda Barrio por O libro da Selva, de Teatro Avento Producións

Vestiario

Tegra Vázquez e Lele Álvarez por A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro

Diego Valeiras por Dreaming Juliet, de Elefante Elegante

Uxía P. Vaello por Bailar agora, de Marta Alonso Tejada

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Eveldon de Papadopoulos na MIT

Papadopoulos, Jan Lauwers e Marta Pazos na volta dunha MIT de Ribadavia máis internacional

Textos teatrais

Publicadas as obras dos premios para textos teatrais Álvaro Cunqueiro e Barriga Verde