in

La Quintana Teatro estrea ‘O premio’ de Santiago Cortegoso, este xoves

OPremio |
A compañía La Quintana Teatro estrea este xoves 12 de marzo, no Salón Teatro de Compostela, O premio, unha obra de Santiago Cortegoso dirixida por Marián Bañobre.

 

O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas nun futuro aproximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que se ven obrigadas a caer no “Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade. O Premio é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”. O gañador do Premio terá 24 horas de vida para gozar dos seus soños. Terá cinco millóns de euros para a causa que el queira. Poderá escoller a súa morte e morrer sendo un heroe.

Os espectáculos da Quintana Teatro parten da investigación a pé de rúa e constrúense a través da creación colectiva. A compañía sempre está aberta aos estímulos externos co fin de que sirvan de inspiración para a creación de novas formas teatrais. Nesta ocasión os temas para explorar son a muller cosmopolita, a muller tradicional, o home perdido entre medias e, á súa vez, o prezo da felicidade.

Unha procura colectiva que enriquece o traballo actoral que nesta ocasión será compartido cos personaxes que aparezan na pantalla. A través de vídeos móstrasenos a vida dos protagonistas, xogando coa súa privacidade, levando ao límite a súa capacidade de exhibición, sacando á luz as súas miserias, os seus vicios e os seus segredos máis ocultos. Un Circo Romano en pleno 2050 onde os escravos apuntáronse por vontade propia e están desexosos por entrar.

O premio é, xa que logo, un proxecto diferente e singular, tanto pola temática que aborda, como pola sorprendente posición na que se coloca ao público, xa que será este quen deberá votar o gañador.

Na entrada, seralle entregado a cada persoa do público un número cun adhesivo, que reflicta o número de concursante, pois nesta gravación de O Premio convidouse aos últimos concursantes seleccionados e, en directo, escolleranse aos tres finalistas. Deste xeito, cada persoa espectadora transfórmase nun elemento máis do espectáculo, participante activa do desenlace do mesmo.

A interacción será fundamental no transcurso do programa, a interrelación cos elementos visuais farán que xogo e espectáculo dominen ata o punto de poder transcender o sentido de “realidade”.

Queres ser o gañador de O Premio? Queres dar a túa vida por un soño? Ti pos o precio!


Publicidade

 

La Quintana teatro

La Quintana Teatro nace da inquietude de pararse a observar o mundo e plasmar no teatro as realidades sociais máis escondidas a partir dun proceso de investigación a pé de rúa. Por mor das vivencias, a compañía acodeáa creación colectiva, na que o movemento e a palabra aúnan as súas enerxías para abrir portas, conciencias, e poder chegar a ver a través doutros ollos.

Ao recibir Desde o invisible, en 2008, o Premio MAX ao espectáculo revelación, a compañía consolídase como unha das grandes promesas na carteleira, realizando máis de 300 funcións. Desde aquela, leva estreados tres espectáculos máis: en 2008 Innómines,  dirixido por Luís Blat e estreado na Feira Internacional de Huesca; en 2010, Realidades, coproducida pola Fundación A Caixa e dirixido por Lida Palazuelos e estreada no C. C. A Elipa; e en 2012 O Bolso ou A Vida, dirixido por Rolando San Martín e estreada na Kubik Fabrik e coproducida polo Instituto da Muller. En 2018 reestreou Desde o Invisible no Teatro Valle Inclán do Centro Dramático Nacional, e fixo tempada o pasado outono no Pavón Teatro Kamikaze (Madrid), actuou en Boston (EEUU), recibiu a Axuda de Xira do Ministerio o pasado ano e acaba de facer tempada no Centro Dramático Galego.

 

Ficha

Creación: Colectiva
Dramaturxia: Santiago Cortegoso
Dirección: Marián Bañobre
Elenco: Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar
Escenografía e vestiario: Marisa de Laiglesia
Deseño de luces: Javier Quintana
Técnico de luces: Anxo Outumuro
Vídeo: Lucía Estévez
Creación sonora: José Luis Fraga
Produción: La Quintana Teatro, Escenate e Zeena Producciones
Coprodución: Centro Dramático Galego e Concello de Madrid
Distribución: María Moral

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

VidaYMateriaLera |

Vida y materia / Entreactos / Poemas lentos

aline chico

Os contos do Festival Atlántica visitan a Aula de Pediatría do hospital de Santiago